O alcalde de Becerreá volve votar co PP na Deputación de Lugo. Desta volta Manuel Martínez, en proceso de expulsión do PSOE, uniuse aos populares para tombar a proposta de reforma do regulamento impulsada polo goberno provincial.
Fálase
A ofrenda ao Apóstolo Santiago no nome do rei será un dos últimos actos de Pilar Rojo como presidenta do Parlamento. O acto da translatio celébrase na Catedral compostelá, como cada ano. Rojo, deputada no Congreso electa polo PP de Pontevedra, xa exerceu de "delegada rexia" na ofrenda de 2012.
O pleno da Coruña aproba as ordenanzas fiscais do Concello cos votos favorables de Marea Atlántica e PSdeG. O BNG abstívose e o PP votou en contra.
A Xunta vese obrigada a cancelar o seu contrato de valos publicitarios para o ano electoral por unha "infracción non emendable" nas normas de presentación de ofertas. A Secretaría Xeral de Medios ten a opción de reiniciar o proceso, ao que destinaba ata 300.000 euros.
A tractorada de Lugo continuará alén da fin de ano, segundo acordaron este luns os gandeiros que seguen a arrodear a Muralla lucense. Cóntao El Progreso
A dirección do PSOE dáse por vencedora ante os dirixentes territoriais que manobran para relevar a Sánchez.
Prostitución e drogas elevan un 5% o PIB dun cento de concellos galegos. Cóntao Faro de Vigo
O PPdeG xa non desbota un adianto electoral en Galicia e di estar disposto a gobernar en coalición se fose preciso. Recólleo a Cadena SER
A Agadic convoca as catro primeiras liñas de subvencións ás industrias culturais para 2016, dirixidas á produción escénica, ás salas de titularidade privada, á promoción do talento audiovisual e aos festivais de cine, cunha contía total de 920.000 euros
O DOG publica o reparto das axudas da Xunta aos medios de comunicación. Son 1,6 millóns distribuídos entre 17 empresas.