A Xunta exixe salvar os núcleos rurais do veto a construír en zonas inundables. Reclama a Madrid permitir certa actividade urbanística en asentamentos urbanos das zonas rurais.
Fálase
Decenas de mortos nun novo naufraxio no Mediterráneo. Unhas 30 persoas terían falecido ao quedar atrapadas na bodega dunha embarcación.
Instagram anuncia que a aplicación permitirá compartir fotografías verticais e horizontais e non unicamente cadradas, como ata agora. Explícano no seu blog e detállao Mallandroid.
A conselleira de Sanidade cre "inxustificable" a protesta do persoal do hospital de Vigo, que rexeitou as condicións do novo centro durante a visita da propia Mosquera.
30 persoas que procuraban refuxio morren asfixiadas nun camión frigorífico en Austria. Recólleo eldiario.es
A dona do home abatido este mércores en Ponteareas por un disparo da Garda Civil asegura que non era autor dunha agresión de xénero, senón que padecía unha doenza mental que os médicos deixaron de tratar axeitadamente. O Instituto Armado atribuíu inicialmente o acontecido á violencia de xénero. Está a contalo Radio Galicia
Beiras asegura que o Estado español "é racista cos galegos, por lingua e por clase". O líder de Anova foi entrevistado en El Crític, onde asegura que o PSOE "fíxose hexemónico grazas ao apoio da CIA e dos sindicatos alemáns".
As mareas ofrecen a Podemos unha coalición con entidade propia en Galicia e posibilidade de grupo propio. Anova ou EU non aceptarían federarse á formación de Pablo Iglesias, segundo conta Faro de Vigo.
O Goberno central puido evitar a entrada en prisión de Josefa Hernández. O Ministerio de Xustiza recibiu a petición de indulto o 2 de xullo e non chegou a tempo para levalo ao Consello de Ministros, que o día 10 sacou da cadea catro persoas con delitos máis graves.
A Xunta esixe aos concellos que elimine trece vertidos contaminantes á ría do Burgo. Os municipios aseguran que xa cumpriron ou están solucionando os focos.