O cerco galego volveu pedir "vivir do traballo dignamente" e advirte que os portos "non van vivir de clubs náuticos".
Fálase
O Racing de Ferrol cae en Astorga (2-1) e perde o liderado na 2ªB no último partido. O Racing de Santander remata finalmente como líder do grupo primeiro. En 2ª, o Lugo caeu ante a Ponferradina.
A asemblea do PSOE de Ferrol acorda continuar co goberno bipartito. Rexeita modificacións "por imposición" e opóñense á adxudicación do contrato de mantemento e subministro eléctrico.
María Solar, Manuel Rivas e María Lado, premiados na I Gala do Libro Galego. A crónica, hoxe en Praza.
Abel Caballero aposta por Méndez Romeu para ser candidato á Xunta por ter "un proxecto global para Galicia". O alcalde de Vigo di non saber se o PSdeG "pode estar moito tempo cunha xestora" nunha entrevista no Faro de Vigo.
O Obradoiro vence en Andorra (74-84) e sela a permanencia na ACB. O Básquet Coruña pode alcanzar hoxe a final dos play-offs na LEB Ouro de vencer ao Melilla en Riazor. No fútbol, Deportivo e Celta despiden a temporada con senllas derrotas por 2-0 ante Real Madrid e Atlético de Madrid.
O conselleiro de Educación insiste en que o absentismo na reválida debeuse ao "acoso político á Lomce". Román Rodríguez lamenta que moitas familias "de boa fe se deixasen encauzar" polo boicot dalgunhas entidades.
A UE non interverá os prezos do leite porque "agravaría a crise do sector". O comisario europeo de Agricultura cre que a crise seguirá ata que o sector se axuste ao novo modelo. Dio nunha entrevista en La Voz de Galicia.
Os galegos dan un 6,16 á súa sanidade pública, unha nota por debaixo da media estatal.