A UE non interverá os prezos do leite porque "agravaría a crise do sector". O comisario europeo de Agricultura cre que a crise seguirá ata que o sector se axuste ao novo modelo. Dio nunha entrevista en La Voz de Galicia.
Fálase
Os galegos dan un 6,16 á súa sanidade pública, unha nota por debaixo da media estatal.
Diego Giráldez, colaborador de Praza, gañador do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo. O escritor foi premiado pola obra Hai patios de luces tristes.
En Comú Podem preséntase como partido pero irá en coalición para manter os seus dereitos electorais. Unidos Podemos comprométese a non presentarse en Catalunya.
O 'sorpasso' de Unidos Podemos ao PSOE consolídase de cara ao 26-X. A suma da confluencia cos socialistas superarían en votos e escanos á suma de PP e Ciudadanos, segundo unha enquisa para Público.
MÉS súmase á confluencia de Podemos e IU nas Balears. Os ecosoberanistas aproban en asemblea a oferta da formación morada ocuparán o terceiro posto da lista ao Congreso polas Illes.
O PP conxela a súa investigación interna a Barberá ata despois do 26-X. Non se lle tomará declaración á ex alcaldesa de Valencia ata que pasen as eleccións.
Avais nas primarias do PSdeG: Méndez Romeu, candidato con 2.539 avais e Xoaquín Fernández Leiceaga, 2216. Gonzalo Caballero fica fóra con 556.
Anova, Podemos e EU volven asinar a coalición En Marea de cara ao 26-X. O acordo mantén as mesmas condicións nas que se asinou para as eleccións do pasado 20-D.
Unidos Podemos será o nome da coalición entre a formación morada e IU. Pablo Iglesias e Alberto Garzón anúnciano en Twitter pouco antes de rexistrar a denominación.