O PP conxela a súa investigación interna a Barberá ata despois do 26-X. Non se lle tomará declaración á ex alcaldesa de Valencia ata que pasen as eleccións.
Fálase
Avais nas primarias do PSdeG: Méndez Romeu, candidato con 2.539 avais e Xoaquín Fernández Leiceaga, 2216. Gonzalo Caballero fica fóra con 556.
Anova, Podemos e EU volven asinar a coalición En Marea de cara ao 26-X. O acordo mantén as mesmas condicións nas que se asinou para as eleccións do pasado 20-D.
Unidos Podemos será o nome da coalición entre a formación morada e IU. Pablo Iglesias e Alberto Garzón anúnciano en Twitter pouco antes de rexistrar a denominación.
A selección galega presentará mañá a súa nova camiseta para o encontro ante Venezuela do vindeiro venres 20. Nike será a marca que vista a Irmandiña para a súa reestrea.
Gonzalo Caballero non acadou os avais para ser candidato ás primarias do PSdeG, nas que Méndez Romeu e Fernández Leiceaga se medirán tras obteren, segundo avanzan, cadanseus 2.800 avais. Máis información, hoxe en Praza.
Marrocos expulsa do Sáhara a delegación do Parlamento galego que ía visitar os territorios ocupados impedíndolles descender do avión no que viaxaban. En 2014 a representación parlamentaria de Galicia xa sufrira o acoso policial marroquí. Máis información, hoxe en Praza.
O PP presenta unha moción de censura en Santa Comba xunto a Terra Galega, que ata finais do pasado ano apoiou o goberno do PSdeG. Informa Europa Press
A coalición entre Podemos e IU atrae votantes do PSOE na súa franxa clave de idade. A confluencia mellorará os resultados da formación morada entre os electores de 35 a 54 anos.
O PP prepara unha moción de censura en Sarria e cederá a alcaldía a CxG. Os populares desbancarían a socialista Pilar López.