O PP presenta unha moción de censura en Santa Comba xunto a Terra Galega, que ata finais do pasado ano apoiou o goberno do PSdeG. Informa Europa Press
Fálase
A coalición entre Podemos e IU atrae votantes do PSOE na súa franxa clave de idade. A confluencia mellorará os resultados da formación morada entre os electores de 35 a 54 anos.
O PP prepara unha moción de censura en Sarria e cederá a alcaldía a CxG. Os populares desbancarían a socialista Pilar López.
O avogado da muller que acusa a Baltar di que lle ofreceron traballo en tres concellos do PP en 2012. O xefe de persoal da Deputación asegura ter atopado a afectada nun listado de demandantes de emprego.
O divorcio político de UGT e PSOE reforza a posición de CCOO no Congreso, segundo conta eldiario.es. A renuncia de Mari Luz Rodríguez a ir nas listas socialistas deixa o partido sen case vínculos co sindicato.
Milleiros de persoas secundan nas rúas de Vigo unha nova manifestación a prol da sanidade pública e contra as privatizacións e recortes (Imaxe de Vigoé)
VÍDEO Dilma Rouseff fai un chamado ao pobo brasileiro a se manter "mobilizado, unidos e em paz" tras o inicio do proceso de impeachment que, advirte, se trata dun "golpe" contra a "vontade das urnas".
Dimite o alcalde de Boimorto, do PP, nove meses despois de desbancar o BNG cunha moción de censura apoiada por un tránsfuga. A información, esta tarde en Praza.
Interior condecora os gardas civís que bateron nun migrante en Melilla, suceso polo que a xustiza os absolveu. Recólleo Desalambre
As bases de IU ratifican con máis dun 87% dos votos a alianza con Podemos nunha consulta na que aumentou a participación. Os resultados en Podemos coñeceranse esta tarde.