VÍDEO Dilma Rouseff fai un chamado ao pobo brasileiro a se manter "mobilizado, unidos e em paz" tras o inicio do proceso de impeachment que, advirte, se trata dun "golpe" contra a "vontade das urnas".
Fálase
Dimite o alcalde de Boimorto, do PP, nove meses despois de desbancar o BNG cunha moción de censura apoiada por un tránsfuga. A información, esta tarde en Praza.
Interior condecora os gardas civís que bateron nun migrante en Melilla, suceso polo que a xustiza os absolveu. Recólleo Desalambre
As bases de IU ratifican con máis dun 87% dos votos a alianza con Podemos nunha consulta na que aumentou a participación. Os resultados en Podemos coñeceranse esta tarde.
A maioría do Senado, a favor de destituír a Dilma Rouseff. A maior parte dos senadores xa se manifestou oficialmente a favor da abertura do xuízo político á líder brasileira.
Máis de 160.000 galegos teñen as súas contas bancarias bloqueadas polos impagos. A maioría de afectados son familias que avalaron os seus fillos para adquirir unha vivenda.
Pablo Iglesias cre "historicamente necesario" que Podemos, IU e PSOE "se entendan". Faino nunha entrevista en eldiario.es na que di verse "construíndo un futuro con Alberto Garzón".
Leiceaga cre que foi un acerto permitir gobernar ás mareas pero cre "máis solvente" que o PSdeG goberne. O candidato nas primarias socialistas cualifica de "populistas" as candidaturas municipalistas.
Cada día asínanse en Galicia cen contratos de traballo de menos dunha semana. Sanidade e hostalería abranguen a maioría desta temporalidade extrema no mercado laboral.
O xuíz substituto de Rosell reuniuse cun imputado para fabricar probas contra a ex deputada de Podemos. Uns audios demostran a manobra contra a maxistrada.