Cada día asínanse en Galicia cen contratos de traballo de menos dunha semana. Sanidade e hostalería abranguen a maioría desta temporalidade extrema no mercado laboral.
Fálase
O xuíz substituto de Rosell reuniuse cun imputado para fabricar probas contra a ex deputada de Podemos. Uns audios demostran a manobra contra a maxistrada.
A Corte Suprema brasileira rexeitou o recurso presentado polo Goberno para suspender o impeachment contra Dilma Rousseff. Hai tres horas que comezou no Senado o debate que pode aprobar a apertura do xuízo político e apartar a líder do PT da Presidencia.
O primeiro ministro francés, Manuel Valls, enfrontará este xoves unha moción de censura presentada polos grupos á súa dereita. Non haberá, finalmente, moción de censura a cargo dos grupos de esquerda, por tan só dous votos, a pesar de que a iniciativa foi apoiada por unha trintena de deputados críticos do Partido Socialista.
Agreden a directora da revista satírica El Jueves tras publicar unha parodia sobre os neonazis, segundo adianta o xornal catalán El Nacional
Sindicatos e anpas cifran nun 80% o seguimento do boicot ás reválidas á falta de datos da Xunta. Máis información, hoxe en Praza.
Pedro Sánchez desautoriza o acordo de Puig con Podemos e Compromís en Valencia. O líder do PSOE botará abaixo o pacto no comité federal de listas.
En Marea repetirá como coalición o 26-X. Beiras cede na súa petición de concorrer como partido instrumental e logra que o proxecto de cara ás xerais non se basee unicamente nas Mareas en Común, segundo o Faro de Vigo.
Copasa xustifica o sobrecusto no túnel da Mariña na "presión" para abrilo antes das eleccións. A empresa di que as présas encareceron a obra no centro da Coruña.
Doce empresas 'offshore' dos papeis de Panamá teñen vínculos con Galicia. Víctor Moro fillo e Manuel Jove contan con dúas firmas.