Falece Kristina Berg, viúva de Carlos Casares e presidenta da fundación que leva o nome do escritor. O pasado marzo, Berg lembraba a Casares nunha entrevista en Praza Pública.
Fálase
A xornada deixa dúas boas novas para o deporte galego. O Burela FS xogará na División de Honra do fútbol sala a vindeira campaña e o Club Deportivo Lugo, segundo adianta a Radio Galega, manterá a Quique Setién no banco no seu regreso á Segunda División.
O conflito mineiro tivo hoxe un dos seus focos principais na vila leonesa de Ciñera, tomada por axentes antidisturbios. O diario La Crónica de León está a ofrecer detalles no seu Twitter.
As nais e pais de alumnos do CEIP de Carballeda de Avia continúan o eu peche no centro, reclamando que non se reduza de 7 a 4 o número de mestres no vindeiro curso. Este martes iniciaron unha recollida de sinaturas polo Concello e para o xoves convocan unha concentración.
Os bibliotecarios critican o Plan Estratéxico da Cidade da Cultura. ANABAD-Galicia, que agrupa os e as profesionais de bibliotecas, arquivos e museos, denuncia a unión da Biblioteca de Galicia e do Arquivo de Galicia nun só edificio "porque supón unha considerable perda de identidade e de visibilidade de ambas as dúas institucións"
O sector do libro duplicará este ano as súas perdas, segundo un estudo da Federación de Gremios de Editores de España. O sector editorial español facturou 2.772 millóns de euros en 2011, un 4,1 por cento menos que en 2010, e para o 2012 calcúlase que a caída pode chegar ao dez por cento.
O vigués Diego Mariño, porteiro do Vila-Real, convocado pola selección española de fútbol para os Xogos Olímpicos.
O Festigal presenta a programación para a súa edición de 2012 cun impactante cartaz.
Laura Mintegi será a candidata de Euskal Herria Bildu á lehendakaritza nas vindeiras eleccións vascas. En Naiz.
Os fogares españois gastaron máis do que aforraron por primeira vez dende o ano 2000, segundo datos do INE relativos ao primeiro trimestre do ano. En termos interanuais a taxa de aforro descende até o 10,8% da renda disponible das familias