Candidatos á alcaldía de Compostela debaten no encontro organizado polo persoal do Concello sen a presenza do alcalde e candidato do PP, Agustín Hernández, que rexeitou acudir. A información, esta tarde en Praza.
Fálase
O paro rexistrado baixa en Galicia en 7.376 persoas e no Estado en case 119.000. O número de afiliados á Seguridade Social sobe en 175.000. Máis información, esta mañá en Praza.
O PP conta con caixa B e diñeiro negro desde que o fundara Manuel Fraga. eldiario.es accede á contabilidade secreta de Rosendo Naseiro, que rebela contas ocultas entre 1990 e 2008.
O Celta empata en Almería (2-2) un partido que tiña controlado no primeiro tempo. A polémica actuación do árbitro prexudico o equipo vigués, que se adiantara con goles de Nolito e Santi Mina.
Falece Jesús Hermida, figura histórica do xornalismo en TVE, aos 77 anos.
A Xunta elimina o plus pero crea un complemento para altos cargos, que serán compensados cando regresen ao servizo activo. Cóntao La Voz.
O Concello de Lugo aproba a retirada de honras a Franco coa oposición do PP. Recólleo El País Galicia
O Banco de España cifra en 61.495 millóns de euros o custo do rescate bancario, dos que 9.052 corresponden ás antigas Caixa Galicia e Caixanova. O regulador explícao nunha nota informativa que se pode descargar nesta ligazón
O PP sitúa a Paula Prado como vicevoceira no Parlamento e indica que todas as críticas que recibiu mentres foi investigada pola Xustiza foron "inxustificadas".
Pachi Vázquez dimite como deputado por mor do procesamento na investigación por presunta prevaricación en contratos na súa etapa como alcalde do Carballiño. O socialista explica arestora a súa decisión en rolda de prensa. Máis información, hoxe en Praza.