A ONU fai un chamamento á comunidade internacional para protexer o campo de refuxiados palestinos de Yarmouk, en Siria, onde se están a producir intensos combates e onde a ausencia de víveres pon en perigo de morte a case 20.000 persoas

A ONU fai un chamamento á comunidade internacional para protexer o campo de refuxiados palestinos de Yarmouk, en Siria, onde se están a producir intensos combates e onde a ausencia de víveres pon en perigo de morte a case 20.000 persoas
A Marea Atlántica comprométese a prohibir os espectáculos taurinos en espazos municipais da Coruña. "Se alguén quere torturar touros na Coruña terá que facelo sen colaboración municipal, o que é sabido que resulta case imposible", di o seu candidato á alcaldía, Xulio Ferreiro.
O fotógrafo brasileiro Iatã Cannabrava edita un libro con imaxes inéditas da Moscova de 1985, no inicio da etapa da Perestroika. Recólleo a revista Yorokubu
Tsipras anuncia 4.500 novos postos para persoal sanitario en Grecia e a fin do pagamento de 5 euros por consulta médica. O primeiro ministro grego avanza tamén que os hospitais militares atenderán poboación civil para paliar as listas de espera.
Barreiro aposta por que Feijóo volva concorrer ás autonómicas en 2016. O voceiro do PP no Senado, que competiu co atual presidente polo liderado do PPdeG, volve erixir o titular da Xunta no "Manuel Fraga do século XXI". Díxoo nunha entrevista na Cadena SER que recolle Europa Press.
El País analiza a crise interna do PP e sinala a existencia de dous polos liderados por De Cospedal e Arenas
"Unha campaña viral non pode deter unha matanza". Íñigo Sáenz de Ugarte analiza as causas da expansión da violencia en África nos últimos anos.
O eurodeputado Ernest Urtasun explica que para consultar os documentos do tratado de libre comercio que negocian a UE e os Estados Unidos lle quitaron "todo", mesmo papel e bolígrafo, para que non puidese difundir a información. Cóntao nunha entrevista en Eldiario.es
A Xunta di que cumprirá nunha semana o acordo para amosar o contrato do vídeo de Enrique Iglesias, como aprobou o Parlamento a instancias do BNG. Recólleo Faro de Vigo
Sobreviventes á matanza na Universidade de Garissa lamentan que "isto non vaia ter repercusión porque non mataron ningún branco". Segue a contalo GuinGuinBali a través de Desalambre en Eldiario.es