Morre o ex xeneral golpista Alfonso Armada, un dos cerebros do 23-F e que fora condenado a 30 anos de cadea polo golpe militar.

Morre o ex xeneral golpista Alfonso Armada, un dos cerebros do 23-F e que fora condenado a 30 anos de cadea polo golpe militar.
Fútbol. Resultados de Terceira División.
Dorneda 1 - 2 Rápido de Bouzas
Choco 3 - 2 Alondras
Racing Vilalbés 2 - 1 Betanzos
Grixoa 0 - 1 As Pontes
Ordes 0 - 2 Pontevedra
Somozas 3 - 1 Fabril
Boiro 0 - 0 Barbadás
Cultural Areas 2 - 0 Laracha
Arousa 1 - 0 Bertamiráns
Negreira 0 - 1 Cerceda
O Oviedo-Racing de Ferrol (1-0), suspendido no descanso polo lanzamento dun petardo ao árbitro na zona de vestiarios. Tamén na Segunda B, o Coruxo caeu na casa ante o Guijuelo (0-2), o Ourense empatou co Zamora (1-1) e o Compostela caeu en Burgos (3-1).
O Goberno ucraíno medita declarar o estado de excepción en Kiev ante as protestas. Decenas de miles de persoas protestan contra o Goberno e a prol da integración na UE.
Feijóo di que "ningún goberno" botará abaixo medidas como a redución de deputados despois da crise. "Ningún executivo volverá poñer centos de coches oficiais", asegura o presidente da Xunta.
A Mesa denuncia que 12 estudantes galegos fican fóra do proceso para contratos predoutorais por razóns lingüísticas. A entidade xa iniciou contactos con entidades vascas e catalás para denunciar a situación.
Uns 50 delegados sindicais do naval inician un peche no Concello de Ferrol tras a masiva manifestación que percorreu a cidade. Imaxe de @raulsalgado.
O Obradoiro vence na pista do Gipuzkoa (63-67) e suma a súa segunda vitoria consecutiva e a terceira da tempada.
Milleiros de galegos nas manifestacións de Nunca Máis. Masivas marchas contra a impunidade e en protesta pola sentenza do Prestige. Máis información, nuns minutos en Praza.
Así berrou Riazor Nunca Máis. Os afeccionados de Deportivo e Lugo gritaron con forza contra a sentenza do Prestige durante o encontro que os enfrontou na Coruña.