O Concello da Coruña homenaxeou este domingo a matemática María Wonenburger, no primeiro cabodano do seu falecemento
Fálase
Izquierda Unida celebra un importante Consello Federal no que consumará a súa ruptura coa federación madrileña e apoiará a folla de ruta proposta por Garzón para impulsar unha candidatura de unidade popular para as eleccións xerais do outono. Procés Constituent aproba unha proposta para conformar con ICV-EUiA, Podem e CUP unha candidatura de confluencia para os comicios cataláns de setembro
Os catro mil afiliados e afiliadas de Unió Democrática de Catalunya votan hoxe a súa posición con respecto ao proceso soberanista. Se optan por apartarse das posicións independentistas, isto podería dificultar o mantemento da súa coalición con CDC.
O ascenso do COB Ourense á ACB está no aire. Necesita presentar os avais necesarios antes deste luns ao mediodía; Abanca asegurou que podería achegar un crédito de tres millóns, que xa conta coa sinatura da Deputación, pero falta a do Concello. O novo alcalde, Jesús Vázquez afirma que "non pode firmar libremente un crédito", o que sería "prevaricación", sen estudalo previamente "co persoal xurídico da institución"
O poder adquisitivo dos xubilados supera por vez primeira o dos traballadores en España, debido á precarización do mercado laboral e ao estancamento dos salarios nos últimos anos.
El Diario analiza nunha reportaxe o ascenso do Partido Democrático dos Pobos, a formación nacida da unión da nova esquerda turca e o movemento kurdo que impediu unha nova maioría absoluta de Erdoğan en Turquía
O FMI podería estar dificultando un acordo entre Grecia e as institucións europeas para aprazar algúns pagamentos aos acreedores do país. Algúns medios afirman que a Eurozona baralla por vez primeira unha suspensión de pagamentos grega, o que é negado por Atenas, que este sábado presenta unha contraoferta para desbloquear o rescate.
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, cualifica a través de twitter de "excéntricos e sectarios" os pactos que impediron gobernos do PP en localidades nas que a formación non obtivo maioría absoluta. A frase vai na liña do comunicado difundido polos populares o venres.
Ada Colau convértese en alcaldesa de Barcelona cos votos de BComú, ERC, PSC e un dos edís da CUP.
En Foz o PP manterá o goberno a pesar de que Jorge Castiñeira obtivo o 24M só 5 dos 13 edís en xogo; a falta de entendemento entre PSdeG-PSOE, BNG e Foz Plataforma de Futuro foi determinante. En Mugardos, como xa se anunciara, o PP accede á alcaldía (con só catro concelleiros), ao decidir Iniciativa Cidadá de Mugardos non apoiar a candidata de EU, a máis votada das forzas de esquerda, tras unha polémica consulta aberta na que simpatizantes conservadores puideron decidir o resultado final