O único debate a 4 da campaña electoral celebrarase o luns 13 de xuño, moderado por xornalistas de RTVE, Atresmedia e Mediaset e difundido polas canles dos tres grupos.
Fálase
Público analiza o escenario político de Perú, que este domingo celebra eleccións presidenciais, nas que se enfrontan Pedro Pablo Kuczynski e Keiko Fujimori, que defenden un modelo económico neoliberal moi semellante, aínda que coa preocupación polo autoritarismo que representa Fujimori.
Falece Mohamed Abdelaziz, líder da Fronte Polisaria e presidente da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
Vítimas de Angrois entréganlle á Comisión Europea as 260.000 sinaturas recollidas para esixir a difusión do informes obre o accidente. A plataforma de persoas afectadas polo sinistro estivo acompañada por Ana Miranda, voceira do BNG na Eurocámara.
O 'número dous' de Feijóo afirma que el "tería votado a Méndez Romeu" nas primarias do PSdeG porque, segundo Miguel Tellado, o de Leiceaga é "o peor proxecto para o PSOE e para Galicia" e o candidato socialista á Xunta, "un kamikaze". Recólleo La Voz
A Fiscalía de Santiago propón declarar a investigación de Angrois como causa complexa, o que permite estender a instrución ata 18 meses. A decisión do Ministerio público chega despois de que a Audiencia da Coruña ordenase a reapertura da investigación do accidente.
O Tribunal de Estrasburgo condena a España por sexta vez por non investigar denuncias de tortura. Cóntao Eldiario Norte
Méndez Romeu confirma a súa dimisión como voceiro parlamentario do PSdeG tras perder nas primarias. Toda a información, hoxe en Praza.
Caixa Rural Galega incrementou un 70% os seus beneficios en 2015, chegando aos 3,1 millóns. Estes resultados foron ratificados na asemblea da entidade lucense, que nomeou como presidente a Manuel Varela en substitución do falecido José María Pardo.
Os premios Peña Novo 2016 distinguen o científico e académico Francisco Díaz-Fierros, o pedagogo e profesor Xosé Manuel Cid e o Concello de Brión. Os galardóns, que chegan á súa vixésimo segunda edición, serán entregados no Castelo de Soutomaior o 30 de xuño.