O Curiosity xa está en Marte. O explorador da NASA comeza unha misión de dous anos na procura de probas de vida logo dunha viaxe de 567 millóns de quilómetros. Imaxe da @Nasa_en_español
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/501f7cbf43016-azl9b9ccqaav1wl.jpg)
O Curiosity xa está en Marte. O explorador da NASA comeza unha misión de dous anos na procura de probas de vida logo dunha viaxe de 567 millóns de quilómetros. Imaxe da @Nasa_en_español
Morre Chavela Vargas. A cantante mexicana faleceu aos 93 anos por mor dunha insuficiencia respiratoria.
O PSdeG propón manter os 75 deputados do Parlamento "co custo" dos 61 que propón Feijóo. A redución na Cámara sería para os socialistas "unha traizón a Castelao e aos galegos ilustres que loitaron para defender o país".
O Goberno prevé un recorte total de 39.000 millóns en 2013 e 50.000 millóns en 2014. O Executivo publica unha nota informativa cos axustes que incluirán os orzamentos do Estado nos dous vindeiros anos.
"Gastamos moito máis do que temos; vivimos con demasiado crédito", di Mariano Rajoy, que comparece en rolda de prensa tras o Consello de Ministros por primeira vez en oito meses.
O BNG esixe a Educación que aclare "as cifras reais de profesorado" antes do inicio de curso logo de que as cifras do Goberno central falen de máis de 1.000 docentes menos.
O independentismo catalán propón á Generalitat que deixe de pagar a Seguridade Social, o IRPF ou o IVE antes de non pagar os concertos a entidades sociais ou educativas. ERC e SI apostan por "medidas de forza" contra o Goberno central.
Unha iniciativa na Rede recolle sinaturas contra a reforma electoral que pretenden Xunta e PP. A proposta pretende "evitar a modificación unilateral e antidemocrática do número e proporción territorial dos deputados do Parlamento galego". Pódese asinar aquí.
A folga en Renfe paraliza máis de 500 trens en plena operación saída en todo o Estado. Os paros afectan a proximidade, media distancia e AVE en protesta pola liberalización do sector. Imaxe de @Popicinio.
A prensa española centra as súas portadas nas palabras do presidente do BCE, Mario Draghi, ao que acusa de empurrar a España ao rescate.