A Audiencia Provincial condena a Jesús Otero, ex subdelegado do Goberno e actual alcalde de Monterroso, no chamado caso das multas, no que tamén lle impón pena ao ex xefe provincial de Tráfico Julio González
Fálase
PSdeG e PP barallan a posibilidade de presentar unha moción de censura en Miño contra Ricardo Sánchez. Este sábado unha nova manifestación veciñal pedirá a dimisión do rexedor.
Mariano Rajoy abre a Conferencia Política do PP, que se celebra esta fin de semana, atacando a Podemos e PSOE.
O BNG reafírmase na opción de presidir a Deputación da Coruña. A secretaria de política municipal, Goretti Sanmartín, sinala que hai "máis actores e elementos que o PSdeG". Os socialistas, pola súa banda, responden que "as matemáticas son claras" e que o PSdeG conta con oito deputados, por cinco do Bloque. O BNG cualifica de "histórico" o programa marco acordado para o goberno das deputacións: “é un acordo político que ataca á liña de flotación da recentralización que impón o PP coa reforma local”, afirma Vence
O premio de honra da 31ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recoñecerá a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega, "unha das institucións que mellor evidencian o desexo de sumar esforzos cara o progreso e o ben común do sistema teatral galego".
O cadro de persoal de Santos, empresa con preto de 200 traballadores con sede en Boqueixón, chega ao seu décimo día de folga indefinida, apoiada polo 90% dos seus empregados e empregadas. AGE e BNG amosaron o seu apoio ao Comité de Folga, constituído por CUT e CIG.
Eduardo Garzón analiza en La Marea as fortes caídas que leva semanas experimentando as bolsas chinesas, nas que importantes empresas perderon máis do 30% do seu valor e máis da metade suspendeu a súa cotización.
A Xunta dálle un prazo dun ano ao Concello da Coruña para pechar o vertedoiro de Nostián onde se depositan os residuos que non poden ser reciclados.
Syriza ofrece subir o IVE en restauración e unha reforma do sistema de pensións, sen mencionar unha reestruturación da débeda
A marea vermella obriga a pechar catro bancos marisqueiros máis: a ría de Viveiro, a de Cedeira, a área de Baldaio e a parte da zona de Ferrol á que aínda non chegara o fitoplancto tóxico. A ría de Arousa é a menos afectada