O presidente de Novas Xeracións "cruza os dedos" para que Syriza non obteña a maioría absoluta.
Fálase
Comeza o escrutinio en Grecia. Co 5% dos votos, Syriza obtería o 34,6% dos votos.
O Pontevedra aumenta a súa vantaxe á cabeza da táboa en Terceira tras golear o Ribadeo (3-0) e aproveitar o empate sen goles dos perseguidores, Fabril e Cerceda. No resto da xornada: Bertamiráns 0 0 Laracha; Barbadás 3 1 Boiro; As Pontes 2 0 Sanxenxo; Arousa 2 0 Cultural Areas; Choco 0 1 Silva; Rápido de Bouzas 0 0 Racing Vilalbés; Alondras 1 1 Ribadumia; Bergantiños 0 1 Ordes.
O Racing de Ferrol vence o Astorga (4-2) na Segunda B. No resto da xornada, o Somozas empatou en León (2-2), o Compostela gañou en Guijuelo (0-1), o Coruxo empatou ante o Lealtad (1-1) e o Celta B caeu ante o Murcia (0-2).
Unhas 300 persoas marchan en Lalin polas Fragas de Catasós, que están "ameazadas" pola instalación dunha liña de alta tensión que provocaría que se tronzasen 200 árbores. Foto de @adegagz.
Syriza anuncia xa un "goberno social de salvación" que se encargará de negociar coa troika.
As primeiras sondaxes dan unha ampla vitoria a Syriza en Grecia, con entre o 35% e o 39% dos votos, moi perto da maioría absoluta. Nova Democracia obtería un 25% e os neonazis entre un 6,4% e un 8%.
Claro que Podemos presentou hoxe a súa candidatura a liderar a organización en Galicia. Breogán Riobóo será o aspirante a secretario xeral nun proceso no que haberá tres listas para dirixir os órganos do partido no país.
O Deportivo empata na casa ante o Granada (2-2). Os galegos remontaron un 0-1 en contra pero os andaluces marcaron no treito final do partido.
Alexis Tsipras vota e adivirte que Grecia "recobrará a dignidade". O líder do PASOK pide votar "polas xeracións futuras" e o da Esquerda Democrática cre que a mensaxe debe ser a dunha "sociedade que está en pé".