Fútbol. O Lugo segue adiante na súa loita por subir a Segunda División tras empatar en Eibar (0-0) e facer bo o 1-0 da ida. O Alondras tamén continúa loitando por ascender a 2ªB logo de gañar 2-0 ao Cayón.
Fálase
Hockey sobre patíns. O Liceo vence na semifinal da Copa de Europa ao Valdagno (5-3) e xogará a súa segunda final consecutiva, desta vez ante o Barça. O equipo coruñés busca revalidar o título acadado o ano pasado.
Gómez Besteiro, elixido por aclamación novo secretario provincial do PSdeG de Lugo. "Recuperar a Xunta é o obxectivo inmediato", proclama o presidente da Deputación, que pide "unidade clara e traballo continuo" para conseguilo.
Raúl Fernández, reelixido secretario provincial do PSdeG de Ourense tras recibir o apio do 73,3% dos votos dos delegados. Obtivo 66 votos, mentres que o outro candidato, Pablo López Vidal recibiu 23 papeletas, tantas como avais reuniu para presentar a súa candidatura no II Congreso Provincial.
Unha empresa chinesa estuda investir 270 millóns no porto exterior da Coruña. A compañía Beijing 3E vén de asinar un preacordo coa Autoridade Portuaria para a posible instalación dunha terminal de valorización enerxética de aceites en punta Langosteira.
Jorquera insiste en que "a única forma posible de evitar o expolio do aforro galego" é creando "un banco público galego". O candidato do BNG á presidencia da Xunta rexeita a proposta de banco público estatal anunciada polo goberno de Rajoy “pois suporía a absorción de Novagalicia Banco e que a súa sede pasase a estar en Madrid”.
Stop Desahucios Compostela pide axuda á cidadanía para frear un desafiuzamento previsto para unha veciña de Rianxo o vindeiro mércores 30. Membros do colectivo acudirán o luns á localidade para intentar deter ou aprazar a orde e solicitan colaboración.
Os presos de ETA amosan a súa disposición a dar "novos pasos" se se eliminan "situacións de excepción". Reafirman o seu "carácter político" nunha rolda de prensa de ex presos da banda que falaron en nome do colectivo.
"Non estamos falando de axudas, senón de capital, de achegas a fondo perdido", recoñece o presidente de Bankia, Jose Ignacio Goirigolzarri, na presentación do plant de saneamento para a entidade.
Feijóo apela á unión para que Cataluña supere "unha situación de dificultade" e cualifica de "responsables" as declaracións do presidente de Generalitat, Artur Mas, tras pedir axuda ao Estado para refinanciar a débeda catalá.