Economistas de esquerdas presentan unha alternativa "á falacia dos expertos" sobre as pensións. Sinalan que a coxuntura económica non pode agochar as "verdadeiras carencias do sistema": políticas de emprego, falta de ingresos e un sistema fiscal desigual.
Fálase
Os republicanos sitúan EE UU ao borde da suspensión de pagos. O Congreso condiciona a extensión do orzamento a que se anule a reforma sanitaria. A Casa Branca cualifícao de chantaxe
Bruxelas ve insuficientes os datos enviados por España sobre o 'tax lease' para xustificar que só teña que devolver 126 millóns de euros.
O TSXG rexeita anular a consulta ás familias sobre a lingua manterna "ao non ser vinculante". O tribunal aclara que dá un prazo dun mes á Xunta para comprobar se cumpre coa súa sentenza.
As direccións de BNG e CxG reuniranse o vindeiro 27 de setembro para negociar unha coalición nacionalista de cara ás eleccións europeas.
Mugardos acolle esta fin de semana o décimo Ciberencontro-Kernel 2013, organizado conxuntamente pola Asociación Comunidade O Zulo e o concello. O sábado celébrase o Día da Liberdade do Software.
O rei será operado da cadeira en Madrid nos vindeiros días, segundo vén de confirmar a Casa Real en rolda de prensa. Será a súa decimoterceira operación, a quinta en ano e medio.
Yorokobu analiza a campaña electoral alemá a través de exemplos de cartaces de todos os partidos, cuxas imaxes ou mensaxes foros alteradas por intervencións nas rúas.
O rei sofre unha recaída e será operado outra vez da cadeira. A Casa Real convoca unha rolda de prensa para as seis da tarde, pero nega a posibilidade dun relevo na Coroa.
El Diario analiza a forma en que a policía marroquí reprime os inmigrantes que se instalan no seu territorio á espera dunha oportunidade para entrar en España: "O que realmente sucede cando os titulares din 'a polícia marroquí repeleu os inmigrantes'"