Marcha Conde Roa. O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presidiu esta tarde unha reunión urxente co alcalde de Santiago para abordar o seu futuro político, unhas horas antes de que este luns o xuíz faga público o auto sobre a súa imputación formal por fraude fiscal. O aínda rexedor dimitará.
Fálase
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña celebra o luns ás 12 ante a xefatura territorial unha manifestación para amosar a súa oposición á Lei de Medidas contra @s Empregad@s Públicos.
Anxo Quintana escribe un perfil de Francisco Jorquera en El País. "Paco Jorquera e eu somos do mesmo partido; dicir da mesma fronte sería moito máis exacto, pero soaría algo cursi", di o ex vicepresidente da Xunta. Foto de Xurxo Lobato.
Economía Digital impulsa unha nova edición en Galicia. O diario dixital económico catalán terá unha versión para o país, que será bilingüe.
Fútbol. Segunda B. O Montañeros gaña ao todopoderoso Oviedo (2-1) e segue soñando coa salvación. O Coruxo empata na casa ante o Alcalá (1-1) e terá que seguir loitando para asegurar a permanencia.
Conde Roa presentará este luns a súa dimisión, segundo asegura El Correo Gallego. Xa llelo tería anunciado aos seus concelleiros.
#onosoderbi Centos de deportivistas reciben ao equipo á súa chegada á Coruña tras a vitoria no derbi galego ante o Celta. Imaxe de @MarcoAsande
Máis de 200 persoas piden ás administracións que "salven" as Fragas do Eume. Varios centos de persoas concentráronse ante o Concello da Capela para pedir á Xunta, Goberno central e UE que salvagarden o patrimonio do parque natural, ademais de pedir "responsabilidades" polo incendio.
Fútbol. Segunda B. O Lugo saca un importante empate en Tenerife (1-1) e o Celta B iguala tamén no campo do Rayo Vallecano B (2-2).
Rubalcaba plantexa ao PP tres "grandes acordos" para non recortar en educación ou sanidade. O secretario xeral do PSOE prevé acordos en "cuestións esenciais" para darlle "unha saída xusta á crise" que non implique a perda de dereitos sociais.