Vitorias de Rácing de Ferrol ante o Tropezón (4-0), do Celta B ante o Logroñés (4-0) e do Ourense ante o Compostela (1-2) nos partidos que veñen de concluír na vixésima xornada da 2ªB. Rácing e Ourense ocupan posicións de play-off de ascenso.
Fálase
Luis Rodríguez Patiño, o cura de Xestoso, instalou un belén na parroquia de Momán, no concello chairego de Xermade, no que se impide que os gais cheguen ao portal. Faino como protesta contra as palabras do bispo de Segorbe-Castellón, Casimiro López Llorente, contra os homosexuais. Rodríguez Patiño xa instalou hai dous anos un Belén desafiuzado.
O cemiterio de Boisaca, en Compostela, acolle este domingo senllas homenaxes a Isaac Díaz Pardo (12.30) e Valle-Inclán (13.00)
Unha enquisa de El Mundo sinala que só o 49,9% dos españois defende a monarquía como forma de Estado. Entre os votantes do PSOE, de UPyD e sobre todo de IU son maioría quen a rexeitan. O xornal tamén salienta que unha maioría (62%) cre que Juan Carlos "debería abdicar xa" e que a opinión sobre o príncipe Felipe é máis favorable.
O Ministerio de Facenda lanza unha campaña para perseguir os alugueres en negro de vivendas. Os inspesctores cruzarán as referencias catastrais dos pisos coas facturas da luz
Al Qaeda toma o control da cidade de Faluya, a 70 quilómetros de Bagdad. Iñigo Sáenz de Ugarte cre que o culpable é o propio presidente Maliki pola súa presión cara aos sunís e que "a guerra de Siria ten capacidade sobrada para contaxiar a violencia alén das súas fronteiras"
O Lugo empata na casa ante o Eibar (0-0). Os lucenses suman 27 puntos, a dous do play-off de ascenso.
Vén de abrir Xentrificación en Vigo, un blog dedicado a "recopilar e difundir novas, reflexións, informacións, imaxes e actividades, en torno aos procesos de xentrificación referidos inicialmente á zona vella de Vigo".
Máis da metade dos asalariados que fan horas extra non as cobran, segundo datos da última Enquisa de Poboación Activa. A porcentaxe case se duplicou dende o 2007.
Ex presos de ETA excarcelados en aplicación da derrogación da doutrina Parot aceptan nun acto en Durango "toda a súa responsabilidade no relativo ás consecuencias do conflito" e reclaman "o dereito a decidir" de Euskadi