O Lugo caeu na casa ante o Numancia (2-3). Na Segunda B, vitoria do Coruxo, empates do Somozas, do Celta B e do Pontevedra. E derrotas do Racing de Ferrol e do Compostela.
Fálase
Beiras afirma, entrevistado na Cadena Ser, que En Marea estará en condicións de ser "alternativa maioritaria" nas eleccións ao Parlamento galego se é "intelixente". Insta o BNG a que "deixe de practicar un illacionismo que non conduce a nada"
A CUP dille non á investidura de Artur Mas por 36 votos contra 32. A opción finalmente escollida polo Consello Político da formación foi a abstención dos seus dez deputados e deputadas. Se Junts pel Sí non presenta outro candidato esta semana, Cataluya celebrará en marzo novas eleccións.
Os grupos poderán iniciar o proceso para derrogar ou modificar leis do PP aínda sen o a constitución dun novo Goberno. Porén, existen dúbidas xurídicas sobre a tramitación e aprobación destas proposicións de lei.
O petroleiro Front Serenade fixo saltar as alarmas ao quedar á deriva fronte ás costas de Carnota este sábado. O buque puido retomar o seu rumbo horas máis tarde.
Xa está en marcha o Consello Político da CUP que decidirá sobre a investidura de Mas
A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por choivas que afectará durante o día de hoxe á Provincia de Pontevedra. É probable que se cheguen a acumular puntualmente máis de 120 litros en 24 horas. Hoxe tamén estará activa unha alerta laranxa costeira, con ventos de forza 8, no litoral noroeste e oeste da provincia da Coruña
Vilanova de Arousa acolleu unha nova asemblea de mariscadores, pescadores e bateeiros, na que as confrarías e agrupacións de produtores volveron rexeitar a Lei de Acuicultura que está a deseñar a Consellería do Mar.
José Manuel Barros González, ex alcalde do Porriño, faleceu este sábado, aos 74 anos de idade. Foi rexedor da vila entre 1981 e 2003.
Un grupo de persoas ataca a embaixada de Arabia Saudí en Teherán, en protesta pola execución dun relixioso xií. Hai 40 detidos. As autoridades iranianas advirten a Arabia de que haberá "consecuencias" pola morte de Nimr al Nimr.