Milleiros de manifestantes continúan na Praza de Neptuno, a pesar de que os convocantes da manifestación dan a mobilización por rematada.
Fálase
En Madrid hai moitísimos manifestantes e moita policía tamén
As manifestacións son masivas en todo o Estado. Por exemplo, en Barcelona
A marea cidadá do #23F tamén chega a Pontevedra
Masiva igualmente a manifestación do #23F en Ourense
Tamén está en marcha a manifestación do #23F en Compostela, onde na praza do Toural se cantou o Grândola vila morena
Milleiros de persoas na manifestación do #23F en Vigo
Salvador Victoria, portavoz do Goberno madrileño, compara os manifestantes das mareas populares contra os recortes cos golpistas do 23F.
O 39,1% dos españois cre que ningún portavoz parlamentario gañou o debate celebrado esta semana, segundo unha enquisa do CIS. Un 69,7% está pouco ou nada de acordo co que dixo Rajoy e un 77,2% rexeita nos mesmos termos o discurso de Rubalcaba. En todo caso, o estudo amosa que Rajoy superou en 27 puntos a Rubalcaba.
Alberto Garzón analiza para El Diario O modelo de crecemento económico do Partido Popular e pon en dúbida o éxito dun futuro modelo baseado nas exportacións de bens e servizos, como apuntou hai unhas semanas De Guindos.