A Asociación Unificada de Militares Españoles (AUME) toma posición contra os recortes e anuncia nun comunicado que "se vai sumar a toda iniciativa cidadá que formule a defensa duns dereitos que nunca debemos perder, porque dereitos conquistados son algo inherente á condición de cidadanía".
Fálase
A Xunta informa de que vén de sancionar ao tanatorio de Valga "por denegarlles aos seus competidores o acceso ás salas municipais"
Feijóo súmase á aposta de Esperanza Aguirre para reducir deputados tamén no Parlamento de Galicia nunha entrevista no Faro de Vigo
O Ministro de Educación, José Ignacio Wert, di nunha entrevista nun xornal alemán que é posible falar "dunha xeración perdida" entre a mocidade española. Recólleo Terra
El País detalla en que consistirán as funcións dos técnicos europeos que controlarán o rescate español. Os homes de negro visten de branco
Galiza Nova de Ourense inicia unha campaña "para identificar @s responsábeis da crise", neste caso, centrándose no presidente da Xunta e en cargos políticos ourensáns
O presidente da Xunta continúa hoxe no Brasil a súa viaxe por Sudamérica e tamén os encontros coa emigración. Tras manter unha xuntanza de tipo empresarial, aproveitará a súa presenza no Rio de Janeiro para visitar a Sociedade Espanhola de Beneficéncia, o Asilo da Velhice Desamparada e a Peña Galega da Casa de España, segundo informa a Xunta.
Os detalles dos recortes, explicitados polo Goberno central no BOE de onte, centran as portadas dos diarios impresos. Tamén o congreso do PP, onde a polémica Andrea Fabra se negou a retirar as súas expresións groseiras do Congreso dos Deputados.
A asemblea nacional constituínte de ANova-Irmandade Nacionalista vén de elixir a súa primeira coordinadora nacional, composta polos 75 membros da proposta de lista que chegou ao plenario. Xosé Manuel Beiras pechará a asemblea. Toda a información da asemblea, esta noite en Praza.
Un xulgado de Cambados anula un contrato de preferentes e abre o camiño a unha posible solución para as persoas afectadas que asinaron estes produtos financeiros sen ter a correspondente información. Cóntao El País.