Os detalles dos recortes, explicitados polo Goberno central no BOE de onte, centran as portadas dos diarios impresos. Tamén o congreso do PP, onde a polémica Andrea Fabra se negou a retirar as súas expresións groseiras do Congreso dos Deputados.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/50026d4507ea0-elperiodico.750.jpg)
Os detalles dos recortes, explicitados polo Goberno central no BOE de onte, centran as portadas dos diarios impresos. Tamén o congreso do PP, onde a polémica Andrea Fabra se negou a retirar as súas expresións groseiras do Congreso dos Deputados.
A asemblea nacional constituínte de ANova-Irmandade Nacionalista vén de elixir a súa primeira coordinadora nacional, composta polos 75 membros da proposta de lista que chegou ao plenario. Xosé Manuel Beiras pechará a asemblea. Toda a información da asemblea, esta noite en Praza.
Un xulgado de Cambados anula un contrato de preferentes e abre o camiño a unha posible solución para as persoas afectadas que asinaron estes produtos financeiros sen ter a correspondente información. Cóntao El País.
Tras a aprobación dos documentos políticos e organizativos, os participantes na asemblea constituínte do NPC, xa como ANova-Irmandade Nacionalista elixen a primeira coordinadora nacional da nova forza política, tras a que celebrarán a clausura do cónclave. Ao remate, a información en Praza.
O presidente do Bundesbank, Jens Weidmann, recoméndalle a España que pida o rescate total e non só para aos bancos, aos que ve como "espello" do resto da economía. En Cinco Días.
ANova - Irmandade Nacionalista apróbase como o nome da organización saída da asemblea nacional constituínte do Novo Proxecto Común, que se está a celebrar este sábado en Compostela. Toda a información, esta tarde en Praza.
O paquete de recortes inclúe beneficios fiscais para a candidatura olímpica Madrid 2020, á que lle outorga "consideración de acontecemento de excepcional interese público" e, polo tanto, co mesmo réxime fiscal "das entidades sen fins lucrativos" e con "incentivos fiscais ao mecenado". Inclúese no BOE de hoxe.
Vilaweb repasa a biografía da deputada do Congreso que deu lugar a unha intensa polémica por exclamar "que se jodan" cando Rajoy anunciou o recorte da prestación por desemprego. Andrea Fabra, unha carreira fulgurante á sombra do seu pai
O diario La Información analiza os "cinco xestos do Goberno para lavar a súa imaxe" tras o anuncio do paquete de recortes
O BOE publica este sábado os recortes decididos onte polo Consello de Ministros