Os equipos galegos tamén cumpren sobradamente no fútbol sala. O Lobelle de Santiago vén de golear o Puertollano por 2-6. Antes, o Azkar Lugo venceu 3-0 ao Benicarló.
Fálase
O Dépor, máis líder. O equipo coruñés vén de impoñerse ao Barça B e fía nove vitorias consecutivas. Mañá ás 12 é a quenda do Celta en Elxe
Rajoy preséntase como único candidato á reelección do PP: "Non teño nada novo que dicir sobre min", afirma. "Fixen todo o que me mandaron", asegura.
A esta hora o PP retoma a actividade do seu congreso. Despois de aprobar todos os relatorios por unanimidade, esta tarde votará a única lista do cónclave para reelixir a Mariano Rajoy como presidente do partido.
Feijóo conclúe a súa intervención ante o congreso do PP convidando os seus compañeiros a "inspirarse" na figura de Manuel Fraga. "Propóñovos que reflexionedes nunha persoa que non impuxo a súa ideoloxía, senón que a puxo á disposición dos demais", subliñou.
Tras Feijóo, o aplausómetro do congreso do PP toca teito para recibir a José María Aznar . O plenario, en pé.
Feijóo asegura ante o congreso do PP que "o maior copagamento" foi o atraso da idade de xubilación aos 67 anos
O presidente do congreso do PP pide silencio e que os compromisarios senten para escoitar a Alberto Núñez Feijóo
O ministro de Industria, José Manuel Soria, inicia a súa intervención ante o congreso do PP saudando os seus "compatriotas" canarios
No congreso do PP, o líder do partido en Euskadi, Antonio Basagoiti, asegura que os "valores" que alí se defenden non son só da formación de Mariano Rajoy, senón de "toda a civilización occidental". Nese precepto engloba a posición a respecto da interrupción voluntaria do embarazo.