Paula Verao, da mocidade irmandiña, defende a saída do BNG porque "é imposible rexenerar o nacionalismo desde o BNG" e non por unha derrota numérica.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f37f58b75560-alecybtciaeuhpt.jpg)
Paula Verao, da mocidade irmandiña, defende a saída do BNG porque "é imposible rexenerar o nacionalismo desde o BNG" e non por unha derrota numérica.
Os tuiteiros fanse eco da chegada de Teresa Táboas á asemblea do Encontro Irmandiño. Na imaxe, de @belay, xente en pé tras unha das intervencións
Martiño Noriega: "Hai que dicilo alto e claro. Cómpre un novo camiño fóra do BNG"
Martiño Noriega na asemblea do Encontro Irmandiño: "É un día no que doe o corazón pero tamén un día no que respiramos esperanza". "Cómpre encetar un novo camiño e somos os nosos piores inimigos para facelo", apunta o alcalde de Teo
Anonymus ataca a web do Partido Popular de Foz. Aquí a captura de pantalla
Seguimos pendentes de Grecia. Miles de persoas, concentradas na praza Sintagma de Atenas. Un cartel moi significativo dun dos manifestantes, pendurado no Twitter
Xoán Hermida reclama a constitución de "novas fórmulas", non dun "Bloque bis"
Á falta da votación, todas as intervencións que se suceden apuntan a unha saída do Encontro Irmandiño do BNG, ao igual que decidiu xa Esquerda Nacionalista. Na imaxe, Quique Tello
Das intervencións que se produciron polo de agora na asemblea do Encontro Irmandiño, todas están a prol da escisión do BNG
O editor Germán Sánchez Ruipérez, creador do Grupo Anaya, faleceu a pasada noite en República Dominicana