O Obradoiro cae ante o Joventut (79-82), que remontou a vantaxe inicial dos galegos. O conxunto santiagués continúa en postos de play-off, pero a pelexa apértase.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5173d4089ede6-94748_81_94581_81.jpg)
O Obradoiro cae ante o Joventut (79-82), que remontou a vantaxe inicial dos galegos. O conxunto santiagués continúa en postos de play-off, pero a pelexa apértase.
A 'marea branca' inunda Madrid contra a privatización da sanidade.
O BNG propón cambiar a lei para que os estafados polas preferentes non sufran perdas. Esixe que se lles devolva o investimento íntegro como indemnización.
Anova celebra desde as 10 da mañá a súa asemblea deliberativa en Compostela, que ten a súa clausura prevista para as 18 horas.
Francisco Vázquez defende a Feijóo e ataca o PSOE nunha entrevista en El Correo Gallego. Acussa o seu partido de ser "tolerante con posicións de minorías".
A fiscalía non foi informada das conversas entre Feijóo e Dorado. Os pinchazos non se transcribiron nin se fixo atestado policial.
Sousa agochou 480 millóns da débeda oculta de Pescanova con operacións en cinco empresas, segundo conta El País.
Burela e Azkar Lugo empatan (2-2) no derbi galego de fútbol sala. Os mariñaos veñen de conseguir a salvación matemática na División de Honra.
O Lugo cae goleado en Girona (4-0) nun partido no que foi claramente superado polo equipo catalán.
Giorgio Napolitano, reelixido presidente de Italia na sexta votación con 87 anos. Será o primeiro que repita mandato.