Sousa agochou 480 millóns da débeda oculta de Pescanova con operacións en cinco empresas, segundo conta El País.
Fálase
Burela e Azkar Lugo empatan (2-2) no derbi galego de fútbol sala. Os mariñaos veñen de conseguir a salvación matemática na División de Honra.
O Lugo cae goleado en Girona (4-0) nun partido no que foi claramente superado polo equipo catalán.
Giorgio Napolitano, reelixido presidente de Italia na sexta votación con 87 anos. Será o primeiro que repita mandato.
Traballadores de Pescanova manifestaranse polo mantemento do emprego. Aseguran que xa non apoian "tanto" a dirección e defenden a viabilidade da compañía.
Caamaño cre que "o máis conveniente" é que Pachi Vázquez non opte á reelección e sexa neutral. Di nunha entrevista en Europa Press que votará en contra de calquera sistema que non implique o voto directo para elixir o novo líder do PSdeG.
Milleiros de afectados polas preferentes maniféstanse en Vigo contra a "estafa" e para dicir "non á quita" imposta polo FROB. Os aforradores están acompañados por milleiros de cidadáns e por varios colectivos. Imaxe de @A3Galicia.
O director de ABC cre que Eduardo Madina "simpatiza con ETA". O galego Bieito Rubido acusa o deputado socialista, que sufriu un atentado, de simpatizar máis coa banda terrorista que co PP.
A RAG escolle hoxe o seu novo presidente nun plenario que comezará ás 12 do mediodía. Alonso Montero e Manuel González son os dous candidatos aspirantes a levar as rendas do futuro da institución.
A CIG reclámalle á banca que o seu persoal teña dereito á "obxección de conciencia" en casos como os desafiuzamentos ou as preferentes.