O director de ABC cre que Eduardo Madina "simpatiza con ETA". O galego Bieito Rubido acusa o deputado socialista, que sufriu un atentado, de simpatizar máis coa banda terrorista que co PP.
Fálase
A RAG escolle hoxe o seu novo presidente nun plenario que comezará ás 12 do mediodía. Alonso Montero e Manuel González son os dous candidatos aspirantes a levar as rendas do futuro da institución.
A CIG reclámalle á banca que o seu persoal teña dereito á "obxección de conciencia" en casos como os desafiuzamentos ou as preferentes.
O FROB adxudica o Banco Gallego ao Sabadell por un euro e inxéctalle 245 millóns máis, que se suman aos 80 millóns de recursos públicos achegados anteriormente.
A débeda de Caramelo coa banca ascende a 43 millóns, dun total de 100.
Milleiros de persoas colapsaron hoxe os accesos da feira Empregalia que se celebra en Vigo. Agardaban para deixar os seus currículos, á procura dun posto de traballo. Cóntao Faro de Vigo.
O Estado autoriza á Xunta a emitir 201,40 millóns de euros de débeda pública.
Prolingua critica o uso do tradutor automático para anunciar un concurso de poesía do Concello da Coruña, que converteu a Manuel Leiras Pulpeiro en Manuel Fincas Pulpeiro.
El País publica que o PP lle pagou sobresoldos a Aznar antes de ser presidente do Goberno central.
Nova manifestación do naval en Ferrol. Dous mil traballadores cortan o tráfico. Imaxe de @maria_panblanco.