Prolingua critica o uso do tradutor automático para anunciar un concurso de poesía do Concello da Coruña, que converteu a Manuel Leiras Pulpeiro en Manuel Fincas Pulpeiro.
Fálase
El País publica que o PP lle pagou sobresoldos a Aznar antes de ser presidente do Goberno central.
Nova manifestación do naval en Ferrol. Dous mil traballadores cortan o tráfico. Imaxe de @maria_panblanco.
A CIG presenta demanda contra o peche da Fábrica de Armas da Coruña. Solicita a nulidade do despido colectivo por entender que non está axustado a dereito.
Venezuela auditará o 100% dos votos das eleccións presidenciais. O Consello Nacional Electoral acepta a petición de Henrique Capriles.
Atopan contas do ex alcalde contrabandista Barral en paraísos fiscais. Marcial Dorado tivo 47 contas en Suíza.
A xornalista de La Vanguardia Carmen del Riego explica a polémica das declaracións atribuidas a Cospedal de “los votantes del PP, antes se quedan sin comer que no pagar la hipoteca"
O FROB negocia inxectar máis capital no Banco Gallego para pechar a súa venda ao Sabadell.
A Comunidade de Madrid deixa dous días sen comida a cinco mestres que están realizando un peche de protesta. O goberno rexional impediu a entrega de alimentos.
A RTP faise eco da presentación no Parlamento galego da ILP Valentín Paz-Andrade para "o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos com a lusofonia". "Os seus promotores apontam a necessidade de as instituições daquela região autónoma de Espanha valorizarem o galego como uma língua com utilidade internacional", salienta.