A Comunidade de Madrid deixa dous días sen comida a cinco mestres que están realizando un peche de protesta. O goberno rexional impediu a entrega de alimentos.
Fálase
A RTP faise eco da presentación no Parlamento galego da ILP Valentín Paz-Andrade para "o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos com a lusofonia". "Os seus promotores apontam a necessidade de as instituições daquela região autónoma de Espanha valorizarem o galego como uma língua com utilidade internacional", salienta.
#consellodaxunta Feijóo sentenza que Pachi Vázquez "ou está asesorado polo seu peor inimigo ou non é consciente do que di", a respecto das declaracións do líder socialista sobre as fotos con Marcial Dorado.
#consellodaxunta Relevo na dirección do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Antonio Boné cesa "a petición propia", di Feijóo, e será substituído pola enxeñeira de camiños Teresa Gutiérrez.
#consellodaxunta Feijóo reiteira que Pemex vai investir "nun estaleiro da ría de Vigo"
#consellodaxunta O Consello dá o visto e prace para comezar as consultas cos sindicatos sobre a orde que rexerá o teletraballo na Administración e a "flexibilidade horaria" na mesma
O PP comprométese a que a ILP da reciclaxe sexa debatida antes do verán. Representantes da Comisión Promotora da ILP mantiveron unha xuntanza con Pedro Puy, voceiro parlamentar do PP
A PAH retira a ILP pola dación en pago. Acusa o PP de "desvirtuar o seu contido" e "defender os bancos". "A lei do PP non paraliza os desafiuzamentos, non é a nosa lei", asegura nun comunicado.
Lagarde di que "España pode medrar en 2014 se non é forzada a máis axustes". A directora xerente do FMI recoñece que o organismo "non prognosticou nin anticipou a brutalidade da crise financeira".
A CNMV asegura que a banca cumpriu a lei na venda de preferentes. Di que foron casos puntuais os das entidades que non informaron correctamente sobre os produtos. Cóntao Cinco Días.