O PP perde 5,5 puntos e medio tras cinco meses e medio de Goberno, pero o PSOE tan só sobe catro décimas, segundo a enquisa de Sigma Dos que publica El Mundo e que dá unha suba de máis de dous puntos a IU e UPyD.

O PP perde 5,5 puntos e medio tras cinco meses e medio de Goberno, pero o PSOE tan só sobe catro décimas, segundo a enquisa de Sigma Dos que publica El Mundo e que dá unha suba de máis de dous puntos a IU e UPyD.
Todos os medios deportivos destacan hoxe a brillante actuación do chantadino Fran Vázquez no último partido da final da Liga ACB, onde o Barcelona conquistou o título tras bater o Real Madrid (73-69).
Economía. Enric González publica unha moi interesante pequena guía financiera na revista Jot Down, explicando os conceptos básicos das finanzas públicas implicados na actual crise.
Eduardo Galeano apoia a loita contra a mina de Corcoesto. A plataforma contraria á explotación en Cabana de Bergantiños recibiu os ánimos do escritor uruguaio na súa pelexa contra un proxecto que, denuncian, será "unha bomba" para a zona.
Mundo. A ONU suspendeu onte a súa misión de mediadores en Siria debido ao aumento da violencia, que algunhas fontes non dubidan en considerar unha guerra civil. A decisión é unha tentativa de forzar Rusia, principal apoio do goberno de Bashar Al-Assad, a aceptar a necesidade dunha mediación internacional no conflito. Máis información no New York Times.
Grecia comeza a xornada electoral da que está pendente toda Europa e na que os cidadáns semella que elixirán entre a coalición de esquerda Syriza, a prol de renegociar o rescate, e a dereita tradicional. Mentres, a OCDE di que o país heleno debería ter a oportunidade de renegociar as condicións do devandito rescate.
Máis de 6.000 persoas participan nas marchas a prol da mineiría nas concas mineiras do Nalón e o Caudal, segundo os datos facilitados por SOMA-FITAG-UGT. Imaxe de @Javi_menen
Galicia suspende no desenvolvemento do Sistema de Atención á Dependencia, segundo o ditame do Observatorio Estatal. A comunidade sitúase, con 4,6 puntos, por debaixo da media estatal e os datos só son peores en Valencia, Canarias, Baleares, Asturas, Murcia e Madrid.
Carlos Dívar admite ante o pleno do CGPX que a súa situación é insostible e que o vindeiro xoves tomará unha decisión "contundente" sobre o seu futuro.
Rio+20. Onte comezou a Cúpula dos Povos no Rio de Janeiro, dentro dos actos da Conferencia Rio+20 que se desenvolverá até o próximo venres, día 22. Os principais desafíos do encontro, promovido polas Nacións Unidas e que contará coa participación de boa parte dos principais líderes internacionais, serán chegar a un consenso sobre a definición do concepto economía verde e crear un fondo de axuda ao desenvolvemento sustentable.