Máis de 6.000 persoas participan nas marchas a prol da mineiría nas concas mineiras do Nalón e o Caudal, segundo os datos facilitados por SOMA-FITAG-UGT. Imaxe de @Javi_menen

Máis de 6.000 persoas participan nas marchas a prol da mineiría nas concas mineiras do Nalón e o Caudal, segundo os datos facilitados por SOMA-FITAG-UGT. Imaxe de @Javi_menen
Galicia suspende no desenvolvemento do Sistema de Atención á Dependencia, segundo o ditame do Observatorio Estatal. A comunidade sitúase, con 4,6 puntos, por debaixo da media estatal e os datos só son peores en Valencia, Canarias, Baleares, Asturas, Murcia e Madrid.
Carlos Dívar admite ante o pleno do CGPX que a súa situación é insostible e que o vindeiro xoves tomará unha decisión "contundente" sobre o seu futuro.
Rio+20. Onte comezou a Cúpula dos Povos no Rio de Janeiro, dentro dos actos da Conferencia Rio+20 que se desenvolverá até o próximo venres, día 22. Os principais desafíos do encontro, promovido polas Nacións Unidas e que contará coa participación de boa parte dos principais líderes internacionais, serán chegar a un consenso sobre a definición do concepto economía verde e crear un fondo de axuda ao desenvolvemento sustentable.
Mundo. Falece aos 78 anos o príncipe Nayef, herdeiro do trono de Arabia Saudita, segundo informa Europa Press.
"A comunidade galega é a máis solvente de España", insiste Feijóo tras ser preguntado pola rebaixa de Moody's á cualificación da débeda galega. "Pero é evidente que unha parte do Reino de España non pode ter unha cualificación superior á do Reino de España", asegurou esta mañá o presidente da Xunta.
O presidente do Eurogrupo advirte de que unha vitoria de Syriza nas eleccións gregas traería consecuencias "impredecibles". Jean-Claude Junker non "descarta" a vitoria da coalición de esquerdas.
Moody's rebaixa a nota á débeda de sete autonomías, entre elas Galicia, que pasa de 'A3' a 'Baa3'.
As sondaxes do PP amosan unha forte baixada do partido e da valoración de Mariano Rajoy, segundo informa El Confidencial. IU e UPyD aumentarían considerablemente o apoio electoral.
O 15M maniféstase hoxe en Madrid para reclamar un "rescate cidadán" unha semana despois do anuncio de que España recibirá 100.000 millóns de euros para sanear as entidades financeiras.