O 15M maniféstase hoxe en Madrid para reclamar un "rescate cidadán" unha semana despois do anuncio de que España recibirá 100.000 millóns de euros para sanear as entidades financeiras.

O 15M maniféstase hoxe en Madrid para reclamar un "rescate cidadán" unha semana despois do anuncio de que España recibirá 100.000 millóns de euros para sanear as entidades financeiras.
O uso da conta oficial do Ministerio do Interior para publicitar un acto do Partido Popular levanta a polémica en Twitter
Feijóo confirma "os avances" na alianza con Pemex e anuncia que se celebrará un cumio mexicano-galego de construción naval antes do 10 de xullo tras manter unha xuntanza co conselleiro delegado de Pemex Internacional España, José Manuel Carrera.
.
Ryanair volve sementar a polémica ao ofrecer voos "de rescate" e pedir aos españois que queden na casa porque o país "necesítao".
O FMI pide a España que recorte soldos públicos, aumente o IVE, elimine a deducción por vivenda e acelere as privatizacións. Máis info, esta tarde en Praza.
A Xunta anuncia que o presidente Núñez Feijóo reunirase esta tarde co conselleiro delegado de Pemex en España, José Manuel Carrera Panizzo.
Poucas novidades no Consello de Ministros de hoxe, no que o máis destacado foi a aprobación da reforma da Lei de Ordenación de Transportes Terrestres, para adaptala á normativa europea. Tamén se autorizou o endebedamento das 14 comunidades autónomas que se acolleron ao plan de pagamento a proveedores.
Jorge Costa, do Bloco de Esquerdas, está en Atenas dende hai unhas semanas, apoiando e seguindo a campaña electoral de Syriza. Neste artigo, o primeiro dunha serie, analiza a coalición de esquerdas e as súas posibilidades de acadar o goberno do país.
A CIG ocupa a sucursais de Bankia e NCG Banco en varias cidades de Galicia en protesta contra o rescate ás entidades. Imaxe de @adrianrbravo
Galicia é a segunda comunidade cos soldos máis baixos do Estado, só por detrás de Canarias. O custo salarial sitúase no país nos 1.547,17 euros, fronte aos 1.841,89 do conxunto de España, tal e como certifican os datos do INE.