A CIG ocupa a sucursais de Bankia e NCG Banco en varias cidades de Galicia en protesta contra o rescate ás entidades. Imaxe de @adrianrbravo

A CIG ocupa a sucursais de Bankia e NCG Banco en varias cidades de Galicia en protesta contra o rescate ás entidades. Imaxe de @adrianrbravo
Galicia é a segunda comunidade cos soldos máis baixos do Estado, só por detrás de Canarias. O custo salarial sitúase no país nos 1.547,17 euros, fronte aos 1.841,89 do conxunto de España, tal e como certifican os datos do INE.
Alexis Tsipras, líder de Syriza, afirma no peche de campaña da coalición de esquerdas que o rescate bancario a España demostra que as intervención aos países da UE se poden facer de forma "suave" e asegura que o acordo entre a troika e Grecia "será historia o luns"
A primeira edición de Betabeers Galicia celebrouse este xoves na Coruña, onde Igalia, Galicia en Coworking e nubeOffice fixeron as presentacións da súa actividade
A débeda pública española alcanza un novo máximo ao sumar o 72,1% do PIB. A débeda do conxunto das administracións públicas medrou un 5,4% no primeiro trimestre do ano, alcanzando os case 775.000 millóns.
Os bancos centrais preparan unha forte inxección de liquidez ao sistema co obxectivo de estabilizar os mercados financeiros no caso de que o resultado das eleccións gregas dispare as tensións.
Linus Torvalds, creador do núcleo de Linux, recibiu onte en Helsinki o Premio Millennium de Tecnoloxía (o nóbel de Tecnoloxía), que compartiu co investigador xaponés Shinya Yamanaka.
Vilamor estréase este sábado 16 en Santiago de Compostela, finalizando a xeira de estreas nas cidades e vilas galegas. En agosto o filme competirá no Festival de Cine Internacional de Nova York
PNV, PSE e PP poderían presentar unha moción de censura individual contra o responsable de Medio Ambiente do goberno foral de Guipúscoa, que paralizou a instalación dunha incineradora.
As matrículas nos másteres custarán entre 200 e 300 euros máis en Galicia o vindeiro curso.