Linus Torvalds, creador do núcleo de Linux, recibiu onte en Helsinki o Premio Millennium de Tecnoloxía (o nóbel de Tecnoloxía), que compartiu co investigador xaponés Shinya Yamanaka.

Linus Torvalds, creador do núcleo de Linux, recibiu onte en Helsinki o Premio Millennium de Tecnoloxía (o nóbel de Tecnoloxía), que compartiu co investigador xaponés Shinya Yamanaka.
Vilamor estréase este sábado 16 en Santiago de Compostela, finalizando a xeira de estreas nas cidades e vilas galegas. En agosto o filme competirá no Festival de Cine Internacional de Nova York
PNV, PSE e PP poderían presentar unha moción de censura individual contra o responsable de Medio Ambiente do goberno foral de Guipúscoa, que paralizou a instalación dunha incineradora.
As matrículas nos másteres custarán entre 200 e 300 euros máis en Galicia o vindeiro curso.
Faro de Vigo informa de que o proxecto da autoestrada do mar de Vigo está no aire. Francia condiciona a subvención ao servizo marítimo a que a filial de transportes de PSA Peugeot Citroën, Gefco, participe no proxecto durante un mínimo de sete anos. Unha dificultade máis que podería abortar o proxecto.
Crise no Goberno de Navarra. A presidenta, Yolanda Barcina (UPN) destitúe o vicepresidente socialista, e en resposta dimiten os outros dous conselleiros do PSN. A crise iniciouse a pasada semana cando UPN anunciou un novo recorte de 132 millóns, sen o apoio dos socialistas.
A prensa internacional debate se a decisión do Tribunal Constitucional exipcio de disolver o Parlamento (con maioría dos Irmáns Musulmáns) e volver concentrar o poder no exército constitúe un golpe de Estado
Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, condenado a un ano de prisión por desordes públicas no xuízo polos sucesos da folga do metal de 2007. A sentenza absólveo do delicto de danos, e absolve a Víctor García de todos os cargos. A CIG rexeita a decisión e reitera que se trata "dun proceso político que persegue criminalizar o sindicalismo combativo"
El Jueves denuncia que Facebook censurou unha das súas portadas, protagonizada por Rajoy e Merkel