El Jueves denuncia que Facebook censurou unha das súas portadas, protagonizada por Rajoy e Merkel

El Jueves denuncia que Facebook censurou unha das súas portadas, protagonizada por Rajoy e Merkel
O secretario xeral da Consellería de Cultura e Educación, Jesús Oitavén, asegura no Parlamento que no derradeiro pleno do período de sesións, o día 26, o conselleiro, Jesús Vázquez, presentará o plan estratéxico da Cidade da Cultura. A voceira do PSdeG no debate, Concepción Burgo, lamenta que o Gaiás se manteña como un mero "comedeiro de cartos públicos".
O partido UPyD propón fusionar La Rioja, Navarra e Aragón baixo o nome de Ebro Región, a cal non debería descartar incorporar as provincias de Burgos e Soria, di a formación de Rosa Díez. No Diario Vasco.
O BBVA cre que Novagalicia Banco precisa "unha cifra moi relevante" de capital e pide ao Estado decisións sobre as antigas caixas. "As entidades non viables terán que desaparecer", asegura o seu presidente, Francisco González.
O BCE recórdalle a España que para cumprir coa redución do déficit debe facer "fortes recortes do gasto".
A CIG convoca este venres ao mediodía concentracións contra o rescate bancario. Serán ás 12 horas na Coruña (diante do edificio do Banco de España), Compostela (Praza de Galicia), Vigo (no cruce de Colón con García Barbón), Pontevedra (rúa Rosalía de Castro), Burela (diante da oficina de Bankia). En Ourense (rúa Diagonal) será ás 11.30. En Ferrol (Praza de España) ás 11.45. E no Barco ás 20 horas, diante do Concello.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, asegura que o anuncio do BNG, denunciado polo PP, foi pagado polo Bloque e non con fondos do ente provincial. "Demóstrase que esas cuestións que formula o PP, asegurando que se abonou con cartos públicos, son totalmente falsas", di.
Amancio Ortega xa é o home máis rico de Europa, superando ao propietario de IKEA. Bloomberg calcula que o fundador de Inditex posúe 31.409 millóns de euros.
Rajoy reúnese en gabinete de crise con Santamaría, De Guindos e Montoro ante a escalada da prima de risco e dos tipos de xuro da débeda española. En El Periódico de Catalunya.