O presidente do Eurogrupo advirte de que unha vitoria de Syriza nas eleccións gregas traería consecuencias "impredecibles". Jean-Claude Junker non "descarta" a vitoria da coalición de esquerdas.
Fálase
Moody's rebaixa a nota á débeda de sete autonomías, entre elas Galicia, que pasa de 'A3' a 'Baa3'.
As sondaxes do PP amosan unha forte baixada do partido e da valoración de Mariano Rajoy, segundo informa El Confidencial. IU e UPyD aumentarían considerablemente o apoio electoral.
O 15M maniféstase hoxe en Madrid para reclamar un "rescate cidadán" unha semana despois do anuncio de que España recibirá 100.000 millóns de euros para sanear as entidades financeiras.
O uso da conta oficial do Ministerio do Interior para publicitar un acto do Partido Popular levanta a polémica en Twitter
Feijóo confirma "os avances" na alianza con Pemex e anuncia que se celebrará un cumio mexicano-galego de construción naval antes do 10 de xullo tras manter unha xuntanza co conselleiro delegado de Pemex Internacional España, José Manuel Carrera.
.Ryanair volve sementar a polémica ao ofrecer voos "de rescate" e pedir aos españois que queden na casa porque o país "necesítao".
O FMI pide a España que recorte soldos públicos, aumente o IVE, elimine a deducción por vivenda e acelere as privatizacións. Máis info, esta tarde en Praza.
A Xunta anuncia que o presidente Núñez Feijóo reunirase esta tarde co conselleiro delegado de Pemex en España, José Manuel Carrera Panizzo.
Poucas novidades no Consello de Ministros de hoxe, no que o máis destacado foi a aprobación da reforma da Lei de Ordenación de Transportes Terrestres, para adaptala á normativa europea. Tamén se autorizou o endebedamento das 14 comunidades autónomas que se acolleron ao plan de pagamento a proveedores.