A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, admite "un pouco de desorganización" nas urxencias. Porén, culpa da situación ao adianto dun mes do pico da gripe, e afirma que a baixa taxa de vacinación da poboación "influíu moitísimo"
Fálase
Un milleiro de persoas manifestáronse onte en Vigo contra o proxecto do Concello para a rotonda de Coia. A marcha foi apoiada por BNG, Esquerda Unida, Anova, Podemos ou Equo.
El Periódico publica algúns detalles sobre a folla de ruta que negocian CDC e ERC para o proceso soberanista catalán. Prevese a celebración dun referendo e a convoctoria de novas eleccións en 2016, antes ou despois da redacción dunha Constitución.
Stop Desafiuzamentos Compostela inicia unha campaña de autoinculpacións en apoio das catro persoas xulgadas por intentar deter o desaloxo dunha familia en Aríns.
O Consello de Europa considera ilegais as devolucións en quente de inmigrantes. O comisario de Dereitos Humanos subliña que o plan do Goberno español supón "o comezo da fin do dereito de asilo"
A Fiscalía pide 42 anos de cadea para Bárcenas pola súa participación na Gürtel. O presunto líder, Francisco Correa, enfróntase a 80 anos de prisión.
As lectoras e lectores de Fervenzas Literarias, o medio dixital especializado en litertura galega, elixiron Praza Pública como mellor medio de comunicación galego do 2014. Grazas a todas e todos! É a cuarta vez que Fervenzas realiza a súa enquisa anual, da que demos conta o ano pasado e o anterior.
Repsol abandona as sondaxes nas Canarias ao non atopar petróleo dabondo. A compañía descarta explotar a zona e uns traballos que contaban cun forte rexeitamento da poboación.
Os galegos e galegas gastaron en 2014 unha media de 864 euros en compras online, aínda moi por debaixo da media española, situada nos 1.330 euros, segundo datos do Observatorio Cetelem 2014 Ecommerce.
Un estudo da Universidade de Kent conclúe que as persoas bilingües ou que aprenden unha segunda lingua teñen máis materia branca no cerebro. O bilingüísmo protexe o cerebro e ten beneficios sobre a actividade das neuronas