O Goberno español critica o documental The Great Spanish Crash emitido pola BBC. Relata a evolución da economía española dende os eufóricos anos do boom até a crise actual e céntrao na Comunidade Valenciana.
Fálase
Porto Editora escolle Entroikado como palabra do ano. Vén significar ser obxecto das medidas de austeridade da troika.
Mapfre ofrece unha indemnización de menos de 80.000 euros a cada unha das vítimas do accidente de Spanair. Os afectados consideran "insultante" a cifra e lembran que a compañía de seguros terá este ano beneficios de máis de 1.000 millóns de euros
José Antonio Griñán, presidente do PSOE, conmina a Rubalcaba a "definirse" e a anunciar que concorrerá a primarias. Ao tempo, rexeitou por completo que aspire a suceder a Rubalcaba como secretario xeral do partido.
A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentracion ente mércores en Vigo en repulsa polo último acto de violencia machista que acabou coa vida dunha muller o pasado venres en Ferrol. Será ás 20 horas no Marco.
Israel promove o primeiro centro universitario nun asentamento en territorio palestino. A decisión foi moi criticada polas autoridades de Cisxordania.
O discurso do rei Juan Carlos céntrase na crise económica, pero sen alusións concretas, e pídelles "unidade" aos partidos, ao tempo que reivindica a "política con maiúsculas". Nunha intervención de perfil baixo e escasa profundización nos asuntos tratados, tamén houbo veladas alusións ao proceso soberanista aberto en Catalunya, ao falar do “respecto ás leis” e da necesidade de "facer renuncias".
Economistas frente a la crisis publica un conciso, pero moi crítico, balance da xestión económica do Goberno Rajoy no seu primeiro ano: "o problema non é a herdanza recibida. O problema é que esa herdanza, boa ou mala, abundante ou escasa, está sendo dilapidada".
Disquecool publica unha lista cos -ao seu xuizo- mellores discos do 2012. O podio: Godspeed You, Black Emperor, Grizzly Bear e Dominique A
Afectados polas preferentes inician una folga de fame rotatoria en Ferrol. A protesta comezou ás 10 horas, cando o primeiro dos afectados que se sumou á folga de fame, Manuel Cebral, deu inicio a un xexún que durará 48 horas, até as 10 horas do vindeiro mércores