Economistas frente a la crisis publica un conciso, pero moi crítico, balance da xestión económica do Goberno Rajoy no seu primeiro ano: "o problema non é a herdanza recibida. O problema é que esa herdanza, boa ou mala, abundante ou escasa, está sendo dilapidada".
Fálase
Disquecool publica unha lista cos -ao seu xuizo- mellores discos do 2012. O podio: Godspeed You, Black Emperor, Grizzly Bear e Dominique A
Afectados polas preferentes inician una folga de fame rotatoria en Ferrol. A protesta comezou ás 10 horas, cando o primeiro dos afectados que se sumou á folga de fame, Manuel Cebral, deu inicio a un xexún que durará 48 horas, até as 10 horas do vindeiro mércores
Centos de empregados de Novagalicia protestan contra o recorte de persoal en varios puntos de Galicia. Concentráronse ante as sedes centrais da entidade na Coruña, Vigo, Lugo e Ourense para rexeitar os plans que prevén o despido de 2.500 traballadores.
Rajoy evita as protestas polas preferentes na súa visita á Brilat de Pontevedra. Evitou achegarse a un cento de afectados que protestaban ante a base militar con motivo da visita do presidente do Goberno.
Artur Mas xura o cargo como presidente da Generalitat e reivindica o dereito de autodeterminación de Cataluña. "O Goberno central non pode poñer portas ao campo", asegura.
12.000 euros que foran entregados para o Comedor social de Cangas están "atrapados" na estafa das preferentes, segundo publica o Faro de Vigo
O colectivo #Fartas secuestrou esta fin de semana o neno Xesús do portal de Belén instalado na Praza do Obradoiro de Santiago. O obxectivo é chamar a atención da sociedade sobre os desafiuzamentos. O colectivo garante a integridade material do neno Xesús e afirma que aparecerá ao longo dos vindeiros días na cidade
Julio Alonso detalla no seu blog os detalles da sentenza do Tribunal Supremo que lle dá a razón na demanda que a SGAE interpuxera contra el por escribir un post en 2004 titulado SGAE=LADRONES. A sentenza salienta que prima a liberdade de expresión sobre o dereito ao honor.
Os paises latinoamericanos encabezan a clasificación dos máis felices do planeta, segundo unha enquisa de Gallup. Panamá, Paraguai, El Salvador e Venezuela abren a lista