Artur Mas xura o cargo como presidente da Generalitat e reivindica o dereito de autodeterminación de Cataluña. "O Goberno central non pode poñer portas ao campo", asegura.
Fálase
12.000 euros que foran entregados para o Comedor social de Cangas están "atrapados" na estafa das preferentes, segundo publica o Faro de Vigo
O colectivo #Fartas secuestrou esta fin de semana o neno Xesús do portal de Belén instalado na Praza do Obradoiro de Santiago. O obxectivo é chamar a atención da sociedade sobre os desafiuzamentos. O colectivo garante a integridade material do neno Xesús e afirma que aparecerá ao longo dos vindeiros días na cidade
Julio Alonso detalla no seu blog os detalles da sentenza do Tribunal Supremo que lle dá a razón na demanda que a SGAE interpuxera contra el por escribir un post en 2004 titulado SGAE=LADRONES. A sentenza salienta que prima a liberdade de expresión sobre o dereito ao honor.
Os paises latinoamericanos encabezan a clasificación dos máis felices do planeta, segundo unha enquisa de Gallup. Panamá, Paraguai, El Salvador e Venezuela abren a lista
Unha concentración da Marcha Mundial das Mulleres lembrou en Ferrol a última vitima de violencia de xénero, asasinada o venres.
VilaWeb conta xa con 2133 subscritores, principal fonte de financiamento deste medio dixital, e pon como obxectivo chegar á cifra de cinco mil.
ERC denunciará no Congreso os presuntos informes policiais falsos realizados contra políticos cataláns e propón que todos os partidos se unan para esixirlle explicacións ao Goberno
Fútbol. Resultados de Terceira División.
Dorneda 2 - 0 Bergantiños
Betanzos 3 - 3 Pontevedra
Compostela 0 - 0 Ordes
Somozas 0 - 2 As Pontes
Fabril 2 - 1 Narón
Racing de Ferrol 1 - 0 Barbadás
Villalonga 2 - 2 Celta B
Alondras 0 - 0 Negreira
Cerceda 0 - 0 Racing Vilalbés
Rápido de Bouzas 1 - 0 CéltigaA Casa Real traducirá por primeira vez o discurso do Rei ao galego. A web oficial colgará a mensaxe traducida ás linguas cooficiais do Estado en canto se emita por televisión e internet.