Centos de empregados de Novagalicia protestan contra o recorte de persoal en varios puntos de Galicia. Concentráronse ante as sedes centrais da entidade na Coruña, Vigo, Lugo e Ourense para rexeitar os plans que prevén o despido de 2.500 traballadores.
Fálase
Rajoy evita as protestas polas preferentes na súa visita á Brilat de Pontevedra. Evitou achegarse a un cento de afectados que protestaban ante a base militar con motivo da visita do presidente do Goberno.
Artur Mas xura o cargo como presidente da Generalitat e reivindica o dereito de autodeterminación de Cataluña. "O Goberno central non pode poñer portas ao campo", asegura.
12.000 euros que foran entregados para o Comedor social de Cangas están "atrapados" na estafa das preferentes, segundo publica o Faro de Vigo
O colectivo #Fartas secuestrou esta fin de semana o neno Xesús do portal de Belén instalado na Praza do Obradoiro de Santiago. O obxectivo é chamar a atención da sociedade sobre os desafiuzamentos. O colectivo garante a integridade material do neno Xesús e afirma que aparecerá ao longo dos vindeiros días na cidade
Julio Alonso detalla no seu blog os detalles da sentenza do Tribunal Supremo que lle dá a razón na demanda que a SGAE interpuxera contra el por escribir un post en 2004 titulado SGAE=LADRONES. A sentenza salienta que prima a liberdade de expresión sobre o dereito ao honor.
Os paises latinoamericanos encabezan a clasificación dos máis felices do planeta, segundo unha enquisa de Gallup. Panamá, Paraguai, El Salvador e Venezuela abren a lista
Unha concentración da Marcha Mundial das Mulleres lembrou en Ferrol a última vitima de violencia de xénero, asasinada o venres.
VilaWeb conta xa con 2133 subscritores, principal fonte de financiamento deste medio dixital, e pon como obxectivo chegar á cifra de cinco mil.
ERC denunciará no Congreso os presuntos informes policiais falsos realizados contra políticos cataláns e propón que todos os partidos se unan para esixirlle explicacións ao Goberno