Gómez Besteiro afirma que o apoio de Caamaño á súa candidatura "clarifica o proceso de renovación" do PSdeG. O ex ministro de Xustiza expresou este apoio nunha entrevista publicada por El País.
Fálase
Colectivos do 15M pedirán a dimisión do Goberno o vindeiro xoves fronte ás sedes do PP. Na Coruña xa había organizada unha 'chourizada' ante o edificio dos populares.
Deputados de IU piden con carteis a dimisión de Rajoy e a convocatoria de eleccións no Senado. O presidente chámaos á orde e ameázaos coa expulsión da Cámara. Imaxe de @iunida.
Traballadores do naval comezan un peche nos estaleiros vigueses como medida de presión antes de que a UE tome a decisión definitiva sobre o tax lease. Os primeiros en sumarse á medida foron Metalships, Freire e Vulcano. Toda a información, esta tarde en Praza.
O xuíz conclúe que CDC recibiu 5,1 millóns de euros en comisións ilegais de Ferrovial, pechando deste xeito catro anos de investigacións no chamado Caso Palau. O maxistrado mantén a imputación para o ex tesoureiro de Convergència Daniel Osàcar e para o ex deputado Jaume Camps
Antón Reixa deixa de ser presidente da SGAE. A votación, precedida dun tenso debate, rematou con 25 votos na súa contra, 12 a favor e unha abstención
Rubalcaba anuncia unha moción de censura se Rajoy non comparece polo caso Bárcenas.
Os partidos da oposición buscan forzar a Rajoy a comparecer no Senado. A proposta de PSOE, CiU, Entesa, Grupo Vasco e Grupo Mixto será previsiblemente rexeitada pola maioría absoluta do PP.
Faleceu Xosé Luis Muruzábal Arlegui, Muru, avogado laboralista e sindicalista de longa traxectoria na CSUT ou a CXTG. Tamén foi presidente da Asociación Pro Enfermos Mentales da Coruña.
A SGAE vota nestes momentos se mantén a Antón Reixa como presidente. A Asociación de Compositores y Autores de Música (ACAM) pide o seu cese e acúsao de levar a entidade "a unha futura quebra técnica financeira" e a unha "fractura social total"