Trece comunidades de montes de Pontevedra e Vilaboa súmanse á protesta polo inicio das obras da A-57 nos montes de Marcón, nas que tamén participan outras entidades veciñais e ecoloxistas, coma a APDR. Denuncian que os traballos se iniciaron de forma "irregular" pois a Audiencia Nacional aínda non resolveu a petición de paralización cautelar.
Fálase
O Partido Popular suízo, cun marcado discurso antiinmigración, gaña as eleccións lexislativas no país helvétivo, cun 28% dos votos. Pola súa banda, Henriette Reker, a candidata de conservadores e verdes que foi acoitelada polo seu apoio aos refuxiados, será a alcaldesa de Colonia (Alemaña), ao impoñerse claramente nos comicios
Francisco Correa, o principal acusado na Gürtel, ofreceulle á Fiscalía Anticorrupción información sobre importantes políticos e empresarios que polo de agora non están imputados a cambio dunha condena menor
#LUGvALV O CD Lugo imponse ao Alavés na casa por 1-0
Iniciativa pola Unión anuncia os resultados da elección da súa comisión de garantías, "que velará polo bo desenvolvemento do proceso de primarias abertas". Pódense consultar na súa web.
#VILvCEL O Celta logra o triunfo ante o Villareal por 1-2. A vitoria chegou cun gol de Nolito no minuto 90.
Así se infiltrou a patronal dos autobuses en Blablacar. Unha reportaxe de eldiario.es
O Ourense imponse ao Básket Coruña por 68-62 no derbi galego da LEB Ouro e o Breogán ascende ao liderado tras gañarlle ao Melilla por 69-68.
Unha veciña de Castro de Rei sofre unha agresión machista da súa parella. A muller tivo que ser atendida no hospital e o agresor xa está á disposición da xustiza.
A aposta de Barcelona en Comú para as xerais desbarata os plans de Podemos en Catalunya. Analízao Catalunya Plural