O leite galego págase coma o español por primeira vez en 6 anos. O prezo medio do litro de leite en orixe situouse en 0,345 euros.
Fálase
As organizacións pro transparencia aplauden que por fin vaia haber unha norma, pero denuncian a "morneza dunha lei totalmente insuficiente"
Rajoy prepara un novo modelo de financiamento para frear a tensión con Mas. O PP quere reforzar o partido en Catalunya e deseña a próxima visita do presidente do Goberno
As proxeccións en escanos das cadeas de televisión alemás deixan a Merkel sen maioría absoluta no Bundestag por unha diferenza mínima. A RTL outórgalle 307 de 616 escanos, a ZDF 302 de 606 e a ARD 298 de 598.
Rematou a xornada na Terceira galega. Boiro, Cerceda, Arousa e As Pontes comparten o liderado.
Laracha 1-1 Deportivo B
As Pontes 2-1 Rápido de Bouzas
Arousa 2-0 Pontevedra
Betanzos 2-1 Alondras
Bertamiráns 1-1 Barbadás
Cultural Areas 0-0 Negreira
Grixoa 2-3 Ordes
Racing Vilalbés 1-2 Boiro
Choco 2-1 Somozas FINAL
Cerceda 2-0 DornedaO Deportivo derrota 1-0 o Alcorcón en Riazor e suma nove puntos en seis xornadas, na parte media da táboa. O Lugo, que onte lle gañou a domicilio ao Tenerife, suma dez puntos.
Xornada con sorte desigual para os equipos galegos da Segunda B: Guijuelo 1 - Compostela 1; Coruxo 0 - Sporting B 0; Ourense 2 - Oviedo 1; Marino 1 - Rácing de Ferrol 0; e Avilés 2 - Celta B 0.
Empata o Celta en Balaídos 0-0 ante un duro Villarreal. Os celestes suman 7 puntos en cinco xornadas e mantéñense na metade da táboa.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, que o vindeiro domingo será substituído por José Ramón Gómez Besteiro, asegura nunha entrevista na Radio Galega que "a esquerda se volve aglutinar en torno ao PSOE" e que "cando a esquerda quere gañar se une en torno ao PSOE"
A participación nas eleccións alemás crece cinco puntos con respecto aos comicios de de 2009, e chega ao 41,1% fronte ao 36,1%. Interprétase que o dato pode beneficiar aos socialdemócratas e prexudicar a liberais e euroescépticos no seu intento de superar a barreira do 5%.