Empata o Celta en Balaídos 0-0 ante un duro Villarreal. Os celestes suman 7 puntos en cinco xornadas e mantéñense na metade da táboa.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/523f0fc7eca24-charles_300x200.jpg)
Empata o Celta en Balaídos 0-0 ante un duro Villarreal. Os celestes suman 7 puntos en cinco xornadas e mantéñense na metade da táboa.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, que o vindeiro domingo será substituído por José Ramón Gómez Besteiro, asegura nunha entrevista na Radio Galega que "a esquerda se volve aglutinar en torno ao PSOE" e que "cando a esquerda quere gañar se une en torno ao PSOE"
A participación nas eleccións alemás crece cinco puntos con respecto aos comicios de de 2009, e chega ao 41,1% fronte ao 36,1%. Interprétase que o dato pode beneficiar aos socialdemócratas e prexudicar a liberais e euroescépticos no seu intento de superar a barreira do 5%.
Angela Merkel, clara favorita nas eleccións que hoxe celebra Alemaña, votou ás 13.30 horas en Berlín. Os colexios electorais pecharán ás seis da tarde, momento no que se coñecerán as sondaxes a pé de urna.
O economista Juan Laborda afirma nun artigo publicado en infoLibre que "estamos ante unha saída en falso da crise" e augura para España "insostibilidade da débeda, deflación por endebedamento, destrución de emprego, perda de competitividade, e empobrecemento da cidadanía"
La Voz de Galicia recolle varios testemuños dalgúns dos afectados pola crise do sector naval na ría de Ferrol. Falan de "crac", de "abismo" e de "situación extrema", con Bazán e a antiga Astano urxidas pola falta de traballo "e sen perspectivas de que, a curto prazo, vaia resolverse esta situación"
El Periódico analiza a actividade crecente da ultradereita, "eufórica" despois da repercusión mediática do seu asalto á delegación da Generalitat en Madrid. Manifestaranse o 12 de outubro en Barcelona e buscan crecer no marco da crise económica e do proceso soberanista catalán.
Cayo Lara desexa que o rei se recupere "para poder convocar un referendo sobre monarquía ou república". O líder de IU cre que unha abdicación "sería máis do mesmo" e volvería "negar a democracia ao pobo español"
El Diario recolle os relatos dalgunha das vítimas das torturas franquistas, recollidos no auto da xuíza María Servini de Cubría. Os testemuños apuntan directamente a Billy el Niño pola brutalidade e o sangue frío co que golpeaba
Hoxe celébranse eleccións en Alemaña. Espérase un claro triunfo de Angela Merkel, con escasos cambios na súa política; a única dúbida radica en se poderá repetir a súa colición de goberno coa FPD ou se, no caso de que os liberais non conseguisen representación, terá que buscar outro socio, nomeadamente o SPD. O Consello Europeo de Relacións Exteriores escribe que "os europeos esperan moito de Alemaña unha vez que pasen as eleccións, en especial unha visión de Europa que vaia alés da resposta ás emerxencias. Pero probablemente van quedar decepcionados".