El Periódico analiza a actividade crecente da ultradereita, "eufórica" despois da repercusión mediática do seu asalto á delegación da Generalitat en Madrid. Manifestaranse o 12 de outubro en Barcelona e buscan crecer no marco da crise económica e do proceso soberanista catalán.
Fálase
Cayo Lara desexa que o rei se recupere "para poder convocar un referendo sobre monarquía ou república". O líder de IU cre que unha abdicación "sería máis do mesmo" e volvería "negar a democracia ao pobo español"
El Diario recolle os relatos dalgunha das vítimas das torturas franquistas, recollidos no auto da xuíza María Servini de Cubría. Os testemuños apuntan directamente a Billy el Niño pola brutalidade e o sangue frío co que golpeaba
Hoxe celébranse eleccións en Alemaña. Espérase un claro triunfo de Angela Merkel, con escasos cambios na súa política; a única dúbida radica en se poderá repetir a súa colición de goberno coa FPD ou se, no caso de que os liberais non conseguisen representación, terá que buscar outro socio, nomeadamente o SPD. O Consello Europeo de Relacións Exteriores escribe que "os europeos esperan moito de Alemaña unha vez que pasen as eleccións, en especial unha visión de Europa que vaia alés da resposta ás emerxencias. Pero probablemente van quedar decepcionados".
Feijoo afirma que o decreto de plurilingüismo é "legal e cordial" e asegura que a educación pública en Galicia é "mellor" que noutras comunidades autónomas
Hoycinema.com repasa os inventos e gadgets de Apple que se amosan no filme Jobs, dende a primeira placa-base até o Macintosh
O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia renova a súa "aposta por unha candidatura de país" para as eleccións europeas, aberta a "todas as forzas políticas progresistas que operen en Galicia" e coa defensa do autogoberno e o abandono das políticas de austeridade como claves. Insta a Anova e BNG a porse de acordo para a súa concreción.
O PSdeG-PSOE estuda accións e sancións contra o ex deputado José Manuel Lage, despois de que a súa empresa fose contratada pola Deputación de Ourense, nun proceso sen concurso aberto, como asesor en transparencia.
A AP9 continúa sufrindo un importante atasco á altura da ponte de Rande, despois de que ás doce do mediodía un camión chocase contra a mediana.
Merkel carga contra os eurobonos no peche da súa campaña en Berlín e esíxelles aos países do euro que sigan coas reformas