Merkel carga contra os eurobonos no peche da súa campaña en Berlín e esíxelles aos países do euro que sigan coas reformas
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/523d76234d521-1379760861_818581_1379760982_noticia_normal.jpg)
Merkel carga contra os eurobonos no peche da súa campaña en Berlín e esíxelles aos países do euro que sigan coas reformas
José Ramón Gómez Besteiro asegura nunha entrevista que publica Europa Press que unicamente terá en conta "a defensa dos intereses de Galicia" á hora de pechar acordos con outras forzas e non a cor política. Así mesmo, descarta que a presenza de Pachi Vázquez no Parlamento supoña "un problema". E oponse á reforma local ao tempo que defende a continuidade das deputacións.
La Voz de Galicia entrevista Víctor Domingo, responsable da Asociación de Internautas, que critica o proxecto de lei do novo Código Penal que endurece as penas para as webs de enlaces. "E que vai pasar con Google, que é o maior enlazador do mundo, irán tamén contra el?", ironiza.
A OCU prepara unha compra colectiva de enerxía ante as constantes subas do recibo da luz. A campaña leva 130 mil inscritos. A OCU fará unha poxa na procura do prezo máis baixo que ofreza unha comercializadora para todos os integrantes apuntados na campaña.
Economistas de esquerdas presentan unha alternativa "á falacia dos expertos" sobre as pensións. Sinalan que a coxuntura económica non pode agochar as "verdadeiras carencias do sistema": políticas de emprego, falta de ingresos e un sistema fiscal desigual.
Os republicanos sitúan EE UU ao borde da suspensión de pagos. O Congreso condiciona a extensión do orzamento a que se anule a reforma sanitaria. A Casa Branca cualifícao de chantaxe
Bruxelas ve insuficientes os datos enviados por España sobre o 'tax lease' para xustificar que só teña que devolver 126 millóns de euros.
O TSXG rexeita anular a consulta ás familias sobre a lingua manterna "ao non ser vinculante". O tribunal aclara que dá un prazo dun mes á Xunta para comprobar se cumpre coa súa sentenza.
As direccións de BNG e CxG reuniranse o vindeiro 27 de setembro para negociar unha coalición nacionalista de cara ás eleccións europeas.
Mugardos acolle esta fin de semana o décimo Ciberencontro-Kernel 2013, organizado conxuntamente pola Asociación Comunidade O Zulo e o concello. O sábado celébrase o Día da Liberdade do Software.